xoves, 22 de outubro de 2020

Gustades da ciencia? Sodes curiosos?

 


Desde o CSIC propóñennos dúas actividades dirixidas a estudantes de primaria, secundaria e bacharelato: 

  •  A primeira é o proxecto Hi Score Science, un proxecto que pretende levar a ciencia aos mozos a través dun videoxogo, premiado a nivel internacional, nacional e rexional. Trátase dun xogo gratuíto de preguntas e respostas sobre ciencia, dirixido a estudantes de últimos cursos de primaria, secundaria e bacharelato. O xogo nútrese das preguntas que calquera persoa pode facer chegar a través do formulario habilitado na web: www.hiscorescience.org. No xogo, as preguntas manteñen a autoría de quen a enviou e inclúen unha mención ao centro ao que pertencen. Na mesma web atópase toda a información referente á participación, bases dos concursos de primaria e secundaria e premios.
  • A segunda é o audiovisual 'O soño da vida eterna' sobre o Proxecto Djehuty, que descubriu o primeiro xardín funerario do antigo Exipto. Este logro científico vertebra un documental sobre as crenzas e os ritos asociados ao outro mundo no tempo dos faraóns, ao ritmo do apaixonante traballo arqueolóxico que leva a cabo o grupo do investigador do CSIC José Manuel Galán. Dirixido por Javier Trueba, 'O soño da vida eterna' inclúe contidos de gran interese para o alumnado de primaria e secundaria. Estará dispoñible online ata o 5 de novembro.

 Descárgate o flyer informativo.

Máis información en Hiscorescience.org

Ningún comentario :