É o que fixo NetCredit, unha empresa financeira estadounidense, nestes estupendos gráficos que repasan os libros máis populares ambientados en cada país do mundo. É dicir, aqueles que pasaron á memoria popular consagrados a un lugar xeográfico concreto. Para determinalo valéronse de Goodreads, unha aplicación onde miles de persoas catalogan os libros que leron e puntúanos. En función desa puntuación e do número de votos, NetCredit xerou estes mapas.
Así en España o máis aclamado foi La sombra del viento de Ruíz Zafón, en Rusia Crimen e Castigo de Dostoievsky ou no Reino Unido Orgullo e Prexuizo de Jane Austen...
No mapa entrecrúzanse libros que poderían representar o paradigma emocional e literario de cada país e outros que simplemente son de extraordinaria popularidade máis aló da orixe do autor. Tamén os hai simplemente moi lidos e apreciados á marxe de autor e mesmo vinculación xeográfica. En Grecia, o libro que máis brilla segundo Goodreads é 20.000 leguas de viaxe submarina, aínda que a acción transcorra noutros puntos do planeta
Seguir lendo en Magnet.Xataka.
Ningún comentario :
Publicar un comentario