A poeta norteamericana Louise Glück é Premio Nobel de Literatura 2020, segundo anunciou este xoves a Academia Sueca. Glück, de 77 anos, debutou con Firstborn en 1968 e pronto foi aclamada como unha das autoras máis destacadas da literatura contemporánea estadounidense.
Louise Glück obtivo o galardón por, en palabras do xurado, "a súa inconfundible voz poética que con austera beleza fai universal a existencia individual".
Entre as súas obras destaca Averno (2006) que é, en opinión da Academia Sueca, "unha colección maxistral, unha interpretación visionaria do mito do descenso de Perséfone ao inferno no cativerio de Hades, o deus da morte".
"Outro logro espectacular é a última colección de Louise Glück, Faithful and Virtuous Night (2014)", engade a institución sobre as creacións da galardoada.
Seguir lendo en RTVE.
Ningún comentario :
Publicar un comentario