Imagen de archivo Oviedo, España. 21 octubre 2015. REUTERS/Eloy Alonso
Hoxe mércores desvelouse a concesión do Premio Nobel de Química a Enmanuelle Charpentier e Jennifer Doudna polo desenvolvemento dun método de “edición xenética” que podería reescribir o código da vida, contribuíndo a novas terapias contra o cancro e mellorando as perspectivas de curar enfermidades hereditarias.
Ambaslas dúas científicas compartirán o premio de 10 millóns de coroas suecas (1,1 millóns de dólares) polo desenvolvemento da ferramenta CRISPR/ Cas9 para editar con precisión o ADN de animais, plantas e microorganismos. “A capacidade de cortar o ADN onde un queira revolucionou as ciencias da vida”, dixo Pernilla Wittung Stafshede, membro da Real Academia de Ciencias Sueca, na cerimonia de concesión do galardón.Charpentier, de 51 anos, e Doudna, de 56, convértense así na sexta e sétima muller en gañar un Nobel de Química, uníndose a mulleres como Marie Curie, que o gañou en 1911, e máis recentemente, Frances Arnold, en 2018.
Trátase da primeira vez desde 1964, cando a británica Dorothy Crowfoot Hodgkin gañou o premio en solitario, en que non hai ningún home entre os gañadores do Nobel de Química.
Vía Reuters
Ningún comentario :
Publicar un comentario