luns, 13 de decembro de 2021

Calendario Advento ODS. Diagnósticos


Diagnósticos reúne seis historias curtas que revisitan a tradición do xénero da narrativa: seis trastornos mentais serven de fío condutor para a exploración dos códigos da novena arte. As protagonistas destas historias sofren de distintos trastornos sensoriais que ven reflectidos nunha apropiación indebida dos mecanismos tradicionais do cómic; así, os poderes sinestésicos dunha investigadora permítenlle descifrar as onomatopeyas que flotan no espazo da páxina, unha moza sofre de claustrofobia encerrada nos límites dunha viñeta ou unha estudante en letras, afectada de afasia, só comprende a linguaxe cando o ve escrito sobre algún soporte.

A realidade dos transtornos psiquiátricos parece agochada no mundo da literatura aínda que cada vez máis aflora en distintos soportes, con esta novela gráfica queremos visibilizar o tema que está aí, sempre estivo aí.

Ningún comentario :