domingo, 5 de decembro de 2021

Calendario Advento ODS: Invisibles


Agora que nos achegamos ao Día polos Dereitos Humáns non debemos esquecer aos protagonistas da cinta Invisibles, e a tantos que non aparecen nela pero están aí.
"Invisibles" é un achegamento a aquelas persoas que residen no noso esquecemento. Un desexo de dar voz a varios dos que quedaron mudos pola indiferenza. E unha humilde homenaxe a esas outras persoas que nunca apartaron a súa mirada deles. Pero sobre todo é a vontade de cinco directores por facer visibles aos seus verdadeiros e únicos protagonistas, a aqueles que cremos e preferimos seguir crendo invisibles. Son as vítimas de cinco crises esquecidas, dúas epidemias mudas e tres conflitos armados que non reciben a atención mediática que lles corresponde: a enfermidade do Chagas, a enfermidade do soño, o nenos soldado de Uganda, a violencia sexual contra civís no Congo e os campesiños desprazados de Colombia.
Nesta ocasión non podemos marcar só algúns dos obxectivos porque son todos.



Ningún comentario :