ODS en Acción desenvolveuse para resaltar a lista de tarefas pendentes que ten o mundo para poñer fin á pobreza, reducir as desigualdades e facer fronte ao cambio climático. A aplicación non só ofrece información detallada sobre cada un dos 17 Obxectivos e as súas metas, senón que tamén fai #suxerencia e permite ver as medidas que se están tomando ao redor do mundo para alcanzalos.
“A aplicación ten suxerencias moi concretas en cada obxectivo que che din que poden facer os cidadáns para contribuír aos ODS. A aplicación tamén che vai a dar acceso a noticias sobre os ODS ao redor do mundo”, declarou Florencia Soto Neno, Información Pública da Sección de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas.
Os Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible é cousa de todos polo que neste mes de decembro vos achegamos un Calendario de Advento ODS para recoñecer as necesidades do noso planeta e da nosa sociedade. Cada día vos mostraremos iniciativas, libros e películas do noso catálogo para facernos conscientes das necesidades de que todos participemos. Os políticos acordan mediante declaracións conxuntas pero é cousa de toda a sociedade, de todos NOS.
Ningún comentario :
Publicar un comentario