Dise que os nenos son os verdadeiros filósofos. Teñen unha curiosidade inconte nible e as súas preguntas fan titubear moitas veces aos adultos. Como explicar o mundo aos nenos? O recoñecido filósofo Richard David Precht paseou por Berlín durante un verán co seu fillo Oskar. Foron, entre outros sitios, ao zoo, ao Museo de Ciencias Naturais ou aos restos do famoso muro. Durante esas visitas, Precht respondeu a numerosas preguntas como «Son eu realmente eu?», «Por que os seres humanos teñen preocupacións?» ou «Que é beleza?». Este é un libro de filosofía para nenos e mozos que queren saber máis sobre os grandes temas que nos moven a todos na vida, sen importar a idade que teñamos.
¿Por qué hay todo y no nada? xa na biblioteca
Ningún comentario :
Publicar un comentario