"O traballo que nunca se empeza e o que se tarda mási en rematar"
John Ronald Reuel Tolkien
Seguir lendo en Zenda.
"O traballo que nunca se empeza e o que se tarda mási en rematar"
John Ronald Reuel Tolkien
Seguir lendo en Zenda.
Nesta data temos que lembrar todos os conflictos bélicos que arrasan o noso planeta, todos os rapaces que non poden asistir á escola, todas as familias que perderon os seus dereitos por mor da guerra.
As lecturas poden traer un pouco de cordura ao noso mundo, por iso preferimos as palabras e non as armas!!
...publicouse "Orgullo e prexuizo" como obra anónima en 1813, Jean Austen con apenas 20 anos a escribía dende a habitación da súa irmá.
Cruz Vermella Mocidade (CRJ) mantén e consolida entre as súas liñas de acción a Educación para a Paz, dentro do Programa de Educación para o Desenvolvemento e Cooperación Internacional, fronte á violencia cultural e estrutural global do século XXI, prestando especial interese ás situacións de desigualdade e inxustiza social.
A Paz foi definida habitualmente como a ausencia de guerra. Con todo, desde CRJ somos conscientes de que o concepto de Paz é moito máis amplo que a simple falta de guerra ou de conflito armado, senón que se trata dun estado de benestar social ou individual onde prima a tranquilidade, a calma e a harmonía e que non se pode alcanzar sen satisfacer primeiro as necesidades básicas das persoas e sen garantir as liberdades civís e políticas, seguridade física, acceso á educación ou dereito á información. Ademais, non se trata de ter a Paz ou non, senón de construíla día tras día. A educación para a Paz preséntase como unha ferramenta de sensibilización, de formación de actitudes e de comportamentos que debe ter un enfoque multidisciplinar dado que afecta a todos os ámbitos e manifestacións da vida humana. O desenvolvemento e modificación de actitudes de respecto, solidariedade, Igualdade, convivencia cultural, tolerancia, resolución de conflitos, non violencia etc. son considerados procesos educativos vitais. O iniciar este proceso de ensino a unha idade temperá facilita considerablemente a adquisición e consolidación dos devanditos valores e actitudes.Material Didáctico Secundaria:
0.- Introducción - La Paz: un reto transversal - Secundaria
1.- Fichas La Paz: un reto transversal - Secundaria
2.- Fichas La Paz: un reto transversal - Secundaria
3.- Fichas La Paz: un reto transversal - Secundaria
Preme na imaxe para xogar.
Este luns é o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, e vos propoñemos varias actividades para celebrar esta data tan relevante nun momento no que hai tantos conflictos ao redor do mundo.
Xogo de pasapalabra da Paz con respostas ás preguntas formuladas en orde alfabética relativas a conceptos de paz, como xustiza, amor, convivencia, liberdade... Vocabulario da paz neste xogo de pasapalabra, ideal para celebrar na escola ou en casa o día 30 de xaneiro o Día Escolar da Non-Violencia e PAZ (DENYP). O pasapalabra da paz é un rosco con todas as letras do alfabeto que se irán poñendo vermellas ou verdes en función de se respondes correctamente ou non ás preguntas da paz. Celebra este día en honra a Gandhi, para promover os valores de convivencia e respecto cara aos demais.
A prensa fíxose eco da visita Erasmus que tivemos este luns 16 e martes 17:
Ao longo desta semana teremos varias actividades relacionadas có proxecto Erasmus no que estivemos participando estos últimos anos. Ademais de recibir a profesores e alumnos de Alemaña, Gales e Turquía faremos a presentación do proxecto no evento multiplicador organizado polo CFR de Ferrol.
Para ver a infografía ao completo premede aquí.
Hoxe cúmprense 25 anos da histórica colisión do Discoverer Enterprise contra a ponte das Pías. Un suceso que deixou illada á cidade de Ferrol e que fixo máis patente que nunca a necesidade de mellorar as comunicacións.
Os fortes ventos daquela madrugada do 13 de xaneiro de 1998 arrastraron a plataforma petrolífera, que se atopaba en Astano, e ao chocar contra a ponte rompeuno en dúas. Unha situación que trastornou a vida normal non só de Ferrol, senón tamén de Fene, Mugardos e Ares, que quedaron sen abastecemento de auga potable. Unha viaxe normal desde Ferrol ata Fene, que podía levar 15 minutos, converteuse nunha auténtica odisea con colas quilométricas na estrada de Castela....seguir lendo en Cadena Ser.