Un proxecto conxunto da Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Carolina do Leste, en Estados Unidos, deu como resultado a creación dun mapa interactivo que xeolocaliza información sobre as 69 cantigas de romaría ou de santuario que se conservan. A iniciativa Cantigas de Romaría combina as novas tecnoloxías co estudo destas pezas medievais, catalogadas como un subxénero das de amigo, que compoñen o maior corpus de poesía en voz feminina da Idade Media europea.
venres, 20 de decembro de 2024
xoves, 19 de decembro de 2024
Chegou o Nadal ao Club de ciencia do IES Fernando Esquío
Nesta última sesión antes das vacacións de Nadal, rematamos de construír a nosa árbore de Sierpinski e estivemos xogando ao Tantrix, o Jenga e o IQ. Foi unha sesión moi produtiva e quedamos moi satisfeitos cos resultados!
No enlace deixámosvos todas as fotos relativas ao día de hoxe.
luns, 16 de decembro de 2024
10 motivos polos que o carné de biblioteca é un bo agasallo para este Nadal
O carné de biblioteca é unha chave que abre infinidade de portas cargadas de oportunidades. Lamentablemente non todas as persoas saben isto, e é por iso polo que a prescrición bibliotecaria preséntase como un dos mellores remedios. O persoal bibliotecario difunde de marabilla os beneficios das bibliotecas e de ser socio delas, pero quizais haxa que ir un paso máis aló e facer que as «persoas gañadas» das bibliotecas convértanse nas perfectas anfitrioas e prescritoras na súa contorna máis próxima. E que mellor que selo regalando o carné de biblioteca aos seres queridos. ... Seguír lendo vía Julián Marquina
De todos os xeitos lembrade que por estar en PLAMBE, os usuarios da nosa biblioteca teñen acceso á plataforma de lectura dixital E-LBE2: pásate pola biblioteca para recuperar o teu usuario e contrasinal.
venres, 13 de decembro de 2024
xoves, 12 de decembro de 2024
O ceo de Rosalía
O 17 de decembro de 2019, a Unión Astronómica Internacional designou oficialmente co nome Rosalía de Castro a unha estrela na constelación do Serpentario. No quinto aniversario deste fito histórico, o mércores 18 de decembro celébrase unha actividade na Casa das Ciencias da Coruña na que Martin Pawley, promotor da campaña desde a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, contará historias da astronomía a través dos textos de Rosalía de Castro, nunha sesión especial de planetario ao redor da escritora e a súa estrela.
A actividade é de entrada libre ata completar a capacidade da sala. As entradas empezarán a repartirse a partir dás 19:15 na recepción da Casa das Ciencias. Non se permite a entrada unha vez iniciada a actividade.
martes, 10 de decembro de 2024
venres, 6 de decembro de 2024
Tal día como hoxe... A Constitución Española
A nosa Constitución é o documento que vela polos dereitos e obrigas de todos os cidadáns.
luns, 2 de decembro de 2024
O valente xesto de Rosa Parks
O 1 de decembro de 1955, Rosa Parks, unha muller negra de 42 anos por aquel entón, negouse a ceder o seu asento no autobús. Nese momento, a lei obrigaba a que as persoas negras cedesen o seu sitio a calquera persoa branca que o quixera ocupar. Sen sabelo, iniciaba así un movemento contra as leis discriminatorias cara aos afroamericanos. O seu valente acto chamou a atención de Martin Luther King e, xuntos, emprenderon protestas que levarían á Corte Suprema de Estados Unidos a declarar que a segregación racial no transporte ía en contra da constitución do país.
Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)