O 17 de decembro de 2019, a Unión Astronómica Internacional designou oficialmente co nome Rosalía de Castro a unha estrela na constelación do Serpentario. No quinto aniversario deste fito histórico, o mércores 18 de decembro celébrase unha actividade na Casa das Ciencias da Coruña na que Martin Pawley, promotor da campaña desde a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, contará historias da astronomía a través dos textos de Rosalía de Castro, nunha sesión especial de planetario ao redor da escritora e a súa estrela.
A actividade é de entrada libre ata completar a capacidade da sala. As entradas empezarán a repartirse a partir dás 19:15 na recepción da Casa das Ciencias. Non se permite a entrada unha vez iniciada a actividade.
Ningún comentario :
Publicar un comentario