Para ir ao teatro, obradoiro, conferencia ou espectáculo en xeral, tamén é importante coñecer as normas establecidas; algunhas persoas traballan para que nós pasémosnolo/pasémonolo ben. Para que respectemos, como cabe, o seu traballo, pedímosvos que leades o decálogo que tedes a continuación e que o poñades en práctica na próxima visita a algún espectáculo.
1. En primeiro lugar, informarvos ben do espectáculo que ides ver. En ocasións o que un se imaxina non coincide coa realidade.
2. Tedes que ser puntuais. Chegade, polo menos, 15 minutos antes e teredes tempo para atopar o voso lugar sen molestar a ninguén.
3. Unha vez comezou o espectáculo, non podedes abandonar o voso lugar. Se tedes necesidade de ir ao servizo, facédeo antes ou despois da representación.
4. O silencio é indispensable, xa que os actores traballan para que vos divirtades. Non os distraiades cos vosos comentarios.
5. Tede coidado cos esbirros e a tose, poden molestar moito aos actores e, tamén, ao público en xeral.
6. Por respecto aos actores ou conferenciantes, non se ha para comer durante a representación. Gardádevos as pipas e as chucherías para despois.
7. Se a obra non vos gusta, non molestedes aos outros compañeiros que poden estar interesados na función que se lles ofrece.
8. Unha causa urxente pode obrigarnos a abandonar a sala. Neste caso, procuraremos que a nosa saída non provoque ruídos nin molestias aos demais.
9. Se aínda cos esforzos dos actores e os creadores do espectáculo a obra non vos gusta, debedes estar en silencio na vosa butaca por respecto ao público e a todos os que fixeron posible a representación.
10. O aplauso, non os asubíos nin os berros, é a mellor recompensa para os actores que nos fixeron pasar un tempo agradable.
E por último, os profesores acompañantes seguro que seleccionaron para vós este espectáculo polo seu interese e relevancia para a vosa aprendizaxe, pensade que todo o que se fai nos centros educativos é para o voso proveito e enriquecemento así que, non os poñades no brete de ter que pedir desculpas por vós, ao contrario, sentide orgullosos e agradecidos por gozar de algo marabilloso en compañía dos vosos amigos.