luns, 27 de outubro de 2025

Ledicia Costas, David Uclés e Lídia Jorge gañan o Premio San Clemente

Pel de cordeiro (Xerais), de Ledicia Costas; La península de las casas vacías (Siruela), de David Uclés; e Misericordia (La Umbría y La Solana), da autora portuguesa Lídia Jorge, son as novelas gañadoras da 29.ª edición do Premio Arcebispo Juan de San Clemente, que tne como particularidade que o xurado está formado por alumnado de bachillerato de dez centros educativos de Galicia, Madrid, Reino Unido, Francia e Alemaña.

Seguir lendo en La Voz de Galicia

sábado, 25 de outubro de 2025

Polo Samaín... novo concurso terrorífico

 

Estamos en tempos de medo, terror e maxia, e se vos gusta este tema vos propoñemos un novo concurso. Botádelle unha ollada ao panel do corredor, tedes que completar o boletín do concurso có título da película do fotograma. 
Deixádeo na biblioteca antes do 11 de novembro, publicaremos a listaxe de gañadores o mércores 12 de novembro.

venres, 24 de outubro de 2025

24 de Outubro Día das Bibliotecas Escolares : contra a desinformación

Este ano, o Día das Bibliotecas, 24 de outubro, dedícase a un tema de máxima actualidade: a loita contra a desinformación. Con este motivo, La Voz de Galicia comparte un contido informativo de interese para os centros educativos, co obxectivo de concienciar ao alumnado sobre a importancia de acceder a fontes fiables, contrastar información e desenvolver o pensamento crítico.

O xornalista César Rodríguez ofrecerá un relatorio sobre a IA (desInformAción) na biblioteca do IES Urbano Lugrís, de Malpica, na que se abordarán cuestións como que é a desinformación, en que contexto se produce, a IA e a sabedoría das multitudes: algo é certo se se repite moito, imaxes e vídeos: autopistas para a desinformación e facilitará pautas para combater a desinformación clásica e a nova.

A charla, pensada para alumnado de educación secundaria emitiuse en directo por diferentes canles de La Voz de Galicia e o seu programa educativo (Prensa-Escuela) e eiquí a reproducimos completa:

24 Outubro Día das Bibliotecas Escolares: gañadores do concurso Astérix e Obélix


Có lanzamento da nova aventura de Astérix e Obélix, nesta ocasión en Lusitania, vos propuxemos o concurso e a relectura ou descubrimento para algúns de vos dos nosos galos favoritos. Esperamos que fora unha boa ocasión para engancharvos á lectura desta famosa banda deseñada e a continuación vos achegamos a listaxe de gañadores do concurso:

1º Premio ex aequo

  • ·   Marco Magdalena e Roi Ledo de 1º ESO
  • ·   Nicolás Ferreiro e Brais Martínez de 4º ESO

 2º Premio ex aequo

  • ·   Diego de Deus de 1º ESO
  • ·   Jesús López e Lucas Aneiros de 2º ESO

 3º Premio

  • ·   Izan Martínez e Manuela Pérez de 1º ESO

Norabóa aos gañadores e grazas a todos os participantes

xoves, 23 de outubro de 2025

Bicentenario do nacemento de Avelina Valladares

 


Tal día coma hoxe de hai 200 anos nacía na Estrada Avelina Valladares, pioneira da literatura galega. Foi unha das primeiras mulleres en escribir artigos de opinión na prensa e unha precursora no emprego da lingua galega nalgúns dos seus poemas.

A pesar de ter unha profunda formación relixiosa, Avelina rompeu coas normas sociais da súa época, rexeitando unha e outra vez os pretendentes que viñan "salvala" da súa soltería. A emigración, Galicia, a orfandade, a fe e a súa propia familia foron temas recorrentes nas súas composicións.

Ademais dos seus textos, a autora deixou constancia do seu talento en composicións musicais e en debuxos.

martes, 21 de outubro de 2025

Antía Yáñez gaña o premio Raíña Lupa


Antía Yáñez vén de gañar o premio Raíña Lupa de literatura infantil 2025, convocado pola Deputación da Coruña, pola súa obra Bragakadabra. O xurado destacou por unanimidade o humor, a imaxinación, a fantasía e a tenrura da obra, así como a reflexión que propón o libro sobre a capacidade de superación persoal e o empoderamento nun relato pensando para lectores novos pero de alcance universal.

Anímate a ler algunha das obras desta autora. Temos moitas delas na nosa biblioteca!


luns, 13 de outubro de 2025

Día das Escritoras

O Día das Escritoras é unha iniciativa  organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas, asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritoras e Escritores (ACE) e oCentro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

 Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 16 de outubro. A X Edición celébrase este ano 2025  o 13 de outubro baixo o lema "1975: Escribide, compañeiras!l".

 "As escritoras activas ao redor de 1975 reflicten en moitas das súas obras o desexo dun cambio profundo e radical nas vidas das mulleres, denuncian a falta de liberdade e de autonomía, dan testemuño do que ocorre fóra de España, esixen unha nova orde amorosa e un cambio nas leis que as veu marxinando durante o franquismo".   Anna Caballé, comisaria de la X edición del Día de las Escritoras

Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...

Na selección de textos en galego a transcrición dos distintos fragmentos decidiuse manter a ortografía da escrita orixinal previa ás convencións derivadas das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego de 1983. Alén de ser unha mostra da literatura do momento, é tamén un reflexo das dificultades que comportaba escribir nunha lingua que carecía dunhas normas ortográficas e morfolóxicas estables.

Vaia con esta escolma o noso agradecemento e recoñecemento a estas dez autoras, mulleres que nos anos 70 publicaron en galego, pola súa obra e o seu compromiso coa nosa lingua e a nosa cultura. 

SELECCIÓN DE TEXTOS EN GALEGO (Colaboración de  Amelia Outeiro, Alexandra Cabana, Pilar Sampedro e Eduard Velasco)

venres, 10 de outubro de 2025

Contando ciencia de novo na Casa da Cultura de Fene

 


Violeta Miraz, profesora do IES de Fene e organizadora, explica que o programa naceu cunha intención clara: facer accesible a ciencia e fomentar o pensamento crítico, nun momento no que a desinformación e os bulos científicos circulan con facilidade. Segundo destaca, a resposta do público foi moi positiva, aínda que recoñece que lle gustaría contar cunha maior participación do alumnado dos centros educativos. “Ás veces custa atraer aos estudantes, pero o público adulto vaise contaxiando do interese pola divulgación científica. A clave está en contar temas complexos de forma sinxela e próxima”, sinala Miraz.

Novo Premio Nobel de Literatura 2025


László Krasznahorkai, un dos narradores máis orixinais da literatura europea, foi distinguido co premio Nobel de Literatura 2025.

O autor húngaro ha creado ao longo dos anos unha obra literaria singularísima, e talvez por iso comparoulla a miúdo coa doutros autores únicos na súa especie, como Kafka–o seu heroe literario–, Gógol, Beckett ou Bernhard. A desolación, a apocalipse e o absurdo, que constitúen o pano de fondo do seu mundo narrativo, non están rifados na súa obra coa procura da beleza ou o amor á natureza como reflexo da divindade. Aínda que Krasznahorkai afirmase que escribir é para el algo tan enigmático como «bailar no inferno», aos lectores a súa misteriosa danza parécenos máxica unha e outra vez.

domingo, 5 de outubro de 2025

Día do Docente

 

Celebrado anualmente o 5 de outubro desde 1994, o Día Mundial das e os Docentes conmemora o aniversario da subscrición da Recomendación da OIT e a UNESCO relativa á Situación do Persoal Docente (1966). Esta Recomendación establece criterios de referencia en canto aos dereitos e responsabilidades do persoal docente e normas para a súa formación inicial e perfeccionamento, a contratación, o emprego, e as condicións de ensino e aprendizaxe. A Recomendación relativa á Condición do Persoal Docente do Ensino Superior foi adoptado en 1997 para completar a Recomendación de 1966, abarcando así o persoal docente e de investigación do ensino superior.

É un día para celebrar como os e as docentes están a transformar a educación, para reflexionar sobre o apoio que necesitan para despregar plenamente o seu talento e vocación, e para repensar o camiño que queda por diante con respecto á profesión a nivel mundial. 

O Día Mundial das e os Docentes convócase en colaboración co UNICEF, a Organización Internacional do Traballo e a Internacional da Educación.

xoves, 2 de outubro de 2025

Falece Jane Goodall

Hoxe dedicamos este post á etóloga británica Jane Goodall, falecida onte aos 91 anos de idade, e quen é considerada a maior experta mundial en chimpancés. Estudounos durante máis de 60 anos en estado salvaxe e descubriu neles pautas de conduta e habilidades descoñecidas ata entón. O seu traballo foi fundamental para comprender as raíces do comportamento humano, dada a proximidade evolutiva das dúas especies.

Ler máis en SINC

mércores, 1 de outubro de 2025

Astérix e Obélix...e tamén Ideafix claro


 Visitade a web oficial da saga e saberedes máis da nova película... e no corredor do centro os nosos fondos:

Pero sobre todo non deixedes de participar, todos teñen premio.