Continuar lendo aquí.
Continuar lendo aquí.
O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. Pero nos queremos destacar que dita violencia non só é contra a muller, senón contra todos os membros da unidade familiar.
Este ano queremos achegarvos unha selección dos fondos da nosa biblioteca entre os que destaca Invisibles, unha obra imprescindible para pensar no mundo que nos rodea e o que queremos ter. Tamén deixamos a guía didáctica da obra da que os nosos alumnos falaron coa autora o curso pasado, antes da pandemia... parece tan loxe xa.
Esta exposición que podemos desfrutar estes días no noso instituto IES Fernando Esquío naceu o 11 de maio do ano 2004, data do “cumprecentenario de Dalí”. É resultado da análise da obra deste xenio, levada a cabo por un grupo de seis profesoras de distintas disciplinas de secundaria do “Instituto de Educación Secundaria Castro da Uz” nas Pontes de García Rodriguez.
A orixe desta exposición estivo no propósito de mostrar que a ciencia forma parte do cotián e que debería verse como algo cercano e no tan difícil de comprender. A ciencia trátase, en xeral, como algo inhóspito, lonxano, casi coma un inimigo disposto a nos facer máis dura e “tortuosa” a aprendizaxe. Os nosos alumnos, en ocasións desculpados polo sistema educativo, temen ás matemáticas e á física, e venas inalcanzables.
Nós pensamos que a ciencia forma parte da nosa historia, da nosa evolución. As sociedades evolucionan en función do seu desenvolvemento científico. Con esta exposición, pretendemos dar a mensaxe de que a ciencia non está rifada con disciplinas aparentemente tan distantes como a arte. Ó longo da historia, artistas como Leonardo mostráronnos que a arte e a ciencia tiñan moito máis en común do que en moitas ocasións admitimos.
Pero, ¿por que Dalí? Ademais de porque o ano 2004 foi o seu ano, porque Dalí tiña un grande interese pola ciencia, estaba ó tanto de todos os descubrimentos científicos que se producían e sentía unha grande fascinación pola técnica.
En ningún momento pretendimos con este traballo xustificar ou nin sequera plantexar a cuestión sobre a relación que Dalí tiña coa ciencia: que coñecía ou si a súa obra esconde todo o que se lle quere atribuír. Para nós Dalí, a súa obra, é a desculpa, o vehículo para tratar distintas cuestións relacionadas coas matemáticas ou coa física, … algo así como o azucre do xarope.
Do que non temos dúbida é de que despois de coñecer algo máis da vida e da obra de Dalí, descubrimos un pintor extraordinario e unha personalidade moito máis profunda do que a súa excentricidade deixaba ver. Pero a intención é que cada un reflexione e saque as súas propias conclusións.
Por último, pode parecer estraña a inclusión da música entre os contidos da exposición, pero parecéronnos tan fermosos os cadros que non resistimos a tentación de incluílos. Ademais, arte, ciencia e música .... ¿No é unha boa combinación?
María José Vergara Leonardo
O EDLG e a Biblioteca convocan o III Concurso de postal de Nadal científica. Tes ata o 12 de decembro para participar. Anímate, que hai premio! Consulta as bases aquí.
Creencia popular: la adolescencia es una etapa de la vida que los chicos tienen que atravesar por sí solos, y en donde no hace falta enseñarles nada. ¡FALSO! Según los estudios, los adolescentes que no están informados sobre los desafíos de esta etapa tienen un 48% más de probabilidades de provocar embarazos no deseados, caer en adicciones, desarrollar baja autoestima y experimentar problemas de salud mental.
A puberdade pode parecer un territorio descoñecido, cheo de preguntas que a miúdo custa formular. Con "100 Misterios de la pubertad para chicas" e "100 Misterios de la pubertad para chicos" , a autora Magda Pabst ofrece unha guía clara, directa e baseada en estudos científicos para axudar aos adolescentes para comprender mellor os cambios físicos, emocionais e sociais que viven nesta etapa tan intensa da vida.
Os libros abordan cuestións como os cambios corporais, a saúde mental, a autoestima, a sexualidade, as adiccións, a amizade e o uso da internet. Cunha linguaxe próxima e sen tabús, pensado para mozos a partir da preadolescencia, é unha lectura que non só informa, senón que tamén empodera.
Ademais, é unha ferramenta moi útil para familias e educadores que queiran acompañar aos mozos con empatía e coñecemento. En definitiva, un libro necesario para romper silencios e abrir conversacións importantes.
O pasado xoves 30 de outubro celebramos o Samaín no noso IES. Antes do recreo, a marcha da Santa Compaña, capitaneada pola nosa encargada de Biblioteca, Begoña, desfilou polo corredor e polas aulas, acompañada dunha melodía terrorífica a cargo de alumnado de 3º da ESO, que tocou xunto coa súa profe de Música, Teresa.
Ademais, tamén alumnado de 3º da ESO fixo un túnel do terror no que había que ser moi valente para atreverse a entrar. Pero isto non foi todo, senón que durante a celebración repartíronse os premios do concurso de microrrelatos de Samaín e puidemos desfrutar dun rico chocolate.
Os titores e titoras tamén fixeron un labor mrabilloso para ambientar o instituto e decoraron portas e taboleiros das aulas co seu alumnado. Por último, os estudantes de Anatomía aplicada de 1º de Bacharelato fixeron uns magníficos traballos sobre enfermidades terroríficas, relacionándoas con diversas personaxes do Samaín.
Deixámosvos un resumo da nosa celebración na presentación!