luns, 23 de febreiro de 2026

Día de Rosalía

 

Cada 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía. Este curso, nós rendémoslle unha pequena homenaxe a través do concurso "O Rosco de Rosalía", un pasapalabra relacionado coa vida e obra da autora. Tedes ata o 18 de marzo para entregar as vosas respostas na biblioteca. Animádevos a participar!

venres, 20 de febreiro de 2026

Científica Galega do Ano 2026

A oceanógrafa Aida Fernández Ríos foi nomeada Científica Galega do Ano 2026 pola Real Academia Galega. Trátase da primeira muller que dirixiu o Instituto de Investigacións Mariñas. Especializada nos cambios físico-químicos dos océanos e a súa relación co clima, participou en 30 campañas oceanográficas por todo o mundo, cinco delas como xefa científica. Ademais, formou parte dun programa internacional que contribuíu á primeira avaliación global de dióxido de carbono oceánico causado pola actividade humana, que evidenciou o problema da acidificación dos océanos. En 2015 ingresou como académica numeraria.

mércores, 11 de febreiro de 2026

Día da Muller e da Nena na Ciencia


O 11 de febreiro conmemórase o Día da Muller e da Nena na Ciencia, que visibiliza o traballo das mulleres que se dedican ás áreas STEM, creando así referentes femininos para a infancia. É por iso que hoxe compartimos con vós esta noticia publicada no xornal gCiencia, onde se dan a coñecer dez científicas galegas de gran relevancia.

luns, 9 de febreiro de 2026

Julio Verne, o escritor que predixo o futuro


O 8 de febreiro cumpríronse 198 anos do nacemento de Julio Verne, un autor visionario que imaxinou tecnoloxías que no seu momento parecían imposibles pero que hoxe en día son realidade e forman parte da vida cotiá. As súas novelas non só marcaron un fito na literatura de aventuras, senón que combinaban ciencia, curiosidades e creatividade para imaxinar mundos imposibles.

En 1970, Verne creou o Nautilus, un submarino eléctrico autónomo que funcionaba grazas a baterías recargables. Hoxe, submarinos modernos usan principios similares. Ademais, escribiu sobre un foguete tripulado capaz de chegar á Lúa e regresar á Terra 104 anos antes de que este feito tivera lugar. Para isto, Julio Verne era meticuloso coa ciencia: consultaba bibliotecas, científicos e revistas da súa época para que todo tivera lóxica. 

As súas historias inspiraron a inventores e científicos reais. Anímate a ler algunha das súas obras!

venres, 6 de febreiro de 2026

Gañadores concurso DENVP

 


A clasificación do concurso do Día Escolar da Non Violencia e a Paz son:

  • Primeiro premio: Estela Merlán e Antía Suárez de 2º ESO
  • Segundo premio:Julio Anidos e Nelson Bonome de 2º BAC
  • Terceiro premio: Saúl Vázquez e Sergio Martínez de 3º ESO
Moitas grazas ao resto de participantes que tamén levarán un agasallo.