martes, 24 de xaneiro de 2017

Banda deseñada que emociona: Viñetas de Vida


Seguramente vos lembrades a visita que tivemos con David Rubín fai un par de cursos. O autor contounos detalles das súas obras e como se enfrentaba ao papel e lápiz. Unha das aventuras que nos comentou foi a súa viaxe a Burundi con Intermón Oxfam para un proxecto de Viñetas de vida np que nos falaba daqueles nenos que nunca viran a súa imaxe porque non teñen espellos. Pois ben xa, por fín, o tedes na biblioteca, e para lembrar ese momento vos deixamos este vídeo presentación da obra.

Un total de 10 creadores --Sonia Puído, Isabel Cebrián e Álvaro Ortiz, Cristina Durán e Miguel A. Giner Bou, Miguel Gallardo, Antonia Santolaya e Enrique Flores, Paco Roca e David Rubín-- embarcáronse da man de Oxfam Intermón e a campaña Si Me Importa  nunha viaxe con rumbo a Latinoamérica, África e Asia. Este grupo creativo fixo as maletas para coñecer de preto as historias de vida de persoas que, co apoio da cooperación española, loitan por cambiar as súas vidas e as das súas comunidades.
Historias que foron enchendo os seus cadernos de viaxe con rostros, nomes e relatos tan reais como emocionantes. Todos estes apuntamentos serviron para dar forma a cada un dos cómics que contén este libro. Un percorrido en viñetas por esa outra parte do mundo ?Colombia, Marrocos, Nicaragua, República Dominicana, Filipinas, Mauritania e Burundi? que confirma que a cooperación ao desenvolvemento funciona, cambia e salva vidas.
Ademais das historias de cómic, este libro contén parte das emocións e das informacións que os autores e autoras recolleron nos seus respectivos destinos en forma de páxinas dos seus cadernos de viaxe e fotos da súa aventura como reporteiros gráficos, e completa un documento moi válido en defensa dunha cooperación que se fai ano a ano máis complicada ao constatarse que desde o comezo da crise económica, os orzamentos de axuda oficial ao desenvolvemento reducíronse case un 70%.

Xa na biblioteca.

Ningún comentario :