jueves, 17 de mayo de 2007

Curtametraxes para o Día das nosas Letras



Ola queridos e queridas!, hoxe é un día estupendo para lembrar que podedes achegarvos aos nosos autores a través das curtametraxes de animación que Lúa Films e Algarabía Producións fixeron baseados nos relatos de Anxel Fole (Os defuntos falaban Castelao), Manuel Murguía (Ignotus), Eladio Rodríguez (Meigallos, sombras e papas de arroz) ou Avilés de Taramancos (A Xaguarana). Na Biblioteca temos as cintas VHS que podedes visualizar na Sala ou na vosa casa, coma vos pete.

1 comentario :

Rodrigo dijo...

A animación en plastilina está moi ben. É outra forma de achegarse á obra dos autores galegos.