venres, 18 de maio de 2007

Investigación solidaria


A loita contra o cancro e saber se hai vida intelixente noutros planetas son dous desafíos que teñen os científicos hoxe en día.

Se tes ordenador e conexión a internet podes participar na investigación. Non fai falla ter coñecementos especiais nin unha preparación extraordinaria. Podes descargar un pequeno programa que emprega a túa conexión e o teu equipo cando non os usas, polo que non consumen recursos, e procesa os datos que te envían. E ademais terás un salvapantallas aparente.

Para atopar vida extraterrestre, e outras cousas moi interesantes: PROGRAMA SETI

Para axudar a comprender o funcionamento das proteínas e as enfermedades relacionadas: http://www.stanford.edu/group/pandegroup/folding/spanish/.

Ten presente que as iniciativas son sen ánimo de lucro e, quen sabe, podes contribuír a facer algún descubrimento moi importante.

Ningún comentario :