miércoles, 5 de septiembre de 2007

Hércules Poirot revive na banda deseñada


Agatha Christie non necesita practicamente presentación. Na lista de autores máis lidos en Inglaterra ocupa o terceiro lugar logo de Shakespeare e da Biblia. Os seus principais personaxes: Hércules Poirot e Miss Marple son máis que íconos, estereotipos ou modelos do que debe ser un detective.
As súas obras foron levadas ao cine e á televisión e agora tamén á banda deseñada, polo menos as de Poirot. De aquí a fin de ano sairán publicadas 8 historietas baseadas en libros como: "Morte no Nilo", "Asasinato no Orient Express", "O segredo de Chimmneys", "O asasinato de Roger Ackroyd" e "Asasinato no campo de golf".
A iniciativa é de Harper Collins (do magnate Rupert Murdoch) quen manexa a obra da autora británica desde fai 70 anos.
Agatha Christie foi moi prolífica escribindo e incursionó non soamente na novela, senón tamén no conto e o teatro. En total cóntanse 66 novelas, 154 contos curtos e 20 obras de teatro. O seu único neto, por certo, mantén o sitio oficial dedicado á autora. Vale a pena darse unha pasada xa que é interactivo e o usuario pode participar na resolución de misterios, participar en foros de lecturas, entre outras cousas. Claro, é en inglés, pero é moi fácil!

(Dende Papel en Blanco)

No hay comentarios :