martes, 8 de enero de 2008

Stephen Hawking

Buscando información para o artigo anterior atopei que tal día coma hoxe naceu Stephen Hawking. É un dos físicos máis importantes do século XX e foi un dos primeiros en investigar e formular teorías sobre os buratos negros. A súa obra científica é extensa e ten publicado varios libros, algún deles foi un gran éxito de ventas, como "Breve historia del tiempo".
Pero, aínda que o seu traballo é notable, eu aínda admiro máis a súa capacidade de superación e como se enfrentou a unha enfermedade devastadora, que non lle impedíu ter unha carreira profesional plena e unha vida persoal como a de calquera, cos seus erros e acertos. Como di un coñecido slogan, nada é imposible.
E, para envexa de moitos, foi protagonista dun capítulo dos Simpson. ¿alguén da máis?

No hay comentarios :