
Pero non se rendeu, tivo unha vida plena e publicou moitas obras que pasaron á historia da literatura. Entre elas poderíamos destacar La saga/fuga de JB, Crónica del rey pasmado, Los gozos y las sombras, La muerte del decano, Don Juan e Filomeno, a mi pesar, que foi Premio Planeta.
Na biblioteca podes atopar boa parte da súa obra e fixéronse películas e series de televisión sobre obras súas: Cronica del rey pasmado e Los gozos y las sombras, grande éxito de audiencia na televisión.
Coa chegada da democracia chegoulle o recoñecemento masivo, e foi Premio Príncipe de Asturias das Letras e Premio Cervantes, os dous recoñecementos máis importantes que pode ter un escritor en lingua española.
Podedes atopar información sobre él na wikipedia, ten páxina web oficial e o resultado da búsqueda en google rende case catrocentos mil enlaces.
Sirva este post para recordar a un ferrolán que a min, e a moita xente, nos fixo pasar moi bos ratos e nos serve de inspiración.
Ningún comentario :
Publicar un comentario