
Contan que, máis aló dos Montes de Xeo, máis aló da Cidade de Cristal, habita a Emperatriz nun cegador palacio....
Así comeza "A Emperatriz dos Etéreos",a última obra dunha das nosas escritoras xuvenís favoritas, Laura Gallego. A historia dunha viaxe e unha procura desesperada, que levará ao seu protagonista moito máis lonxe do que xamais soñara.
Bipa non cre nos contos de fadas. Non lle interesa o que poida haber máis aló das Covas onde habita a súa xente. Pero cando o seu amigo Aer, fascinado pola lenda da mítica Emperatriz, parte nunha viaxe cara a unha morte segura, Bipa irá buscalo, arriscando a súa propia vida nun mundo de xeo bañado pola luz da estrela azul, perseguindo algo que pode non ser máis que unha quimera. Existe de verdade o Reino Etéreo? Existe algo máis alá da confortable seguridade das Cuevas? Ou, pola contra, non hai máis que frío, morte e escuridade?
Se queres ler o primeiro capítulo aquí telo, e si queres podes visitar a súa web.
Ningún comentario :
Publicar un comentario