domingo, 27 de enero de 2008

Torrente Ballester

Hoxe cúmprense nove anos dende o pasamento de Gonzalo Torrente Ballester, nado en Serantes-Ferrol no 1907. A súa vida resume o que foi a España do século XX. Entre outras cousas foi profesor de instituto baixo un réxime que non tiña moito aprecio polos profesionais do ensino e llelo facía saber con salarios de fame e, por se fora pouco, escribía obras que tiñan que pasar pola censura e despois venderse nun país onde as canles de distribución prácticamente no existían.
Pero non se rendeu, tivo unha vida plena e publicou moitas obras que pasaron á historia da literatura. Entre elas poderíamos destacar La saga/fuga de JB, Crónica del rey pasmado, Los gozos y las sombras, La muerte del decano, Don Juan e Filomeno, a mi pesar, que foi Premio Planeta.
Na biblioteca podes atopar boa parte da súa obra e fixéronse películas e series de televisión sobre obras súas: Cronica del rey pasmado e Los gozos y las sombras
, grande éxito de audiencia na televisión.
Coa chegada da democracia chegoulle o recoñecemento masivo, e foi Premio Príncipe de Asturias das Letras e Premio Cervantes, os dous recoñecementos máis importantes que pode ter un escritor en lingua española.
Podedes atopar información sobre él na wikipedia, ten páxina web oficial e o resultado da búsqueda en google rende case catrocentos mil enlaces.
Sirva este post para recordar a un ferrolán que a min, e a moita xente, nos fixo pasar moi bos ratos e nos serve de inspiración.

No hay comentarios :