miércoles, 26 de noviembre de 2008

Ollo de nube

Nunha tribu de indios crow (tribu desaparecida como tantas) nace un neno. Aínda que o nome que lle pon ao principio é Cazador Silencioso, aos poucos días descobren que é cego e as esperanzas dos familiares ven frustradas. Ollo de Nube, chamarase, e a súa nai decide ser os seus ollos. A través das palabras da súa nai e do que percibe polo resto dos sentidos, farase a súa composición do poboado e de todo o que o rodea e alcanzará unhas facultadas impensables para outros indios.
Ollo de nube de Ricardo Gómez, gañador do Premio Barco de Vapor 2006 é unha marabilla, posúe a sensibilidade do autor, e ademais, acción e unha mirada ao mundo a través dos ollos dos crow.
Ao terminar, quédache unha sensación agridoce. Doce pola feliz aventura de Ollo de Nube contra os malacosa (os colonizadores brancos), e agre porque sabemos que a longo prazo os indios desparecieron e gañaron os fusís aos arcos.
Que sería do mundo se non imperase a forza (como ocorreu cos indios norteamericanos ou con tantas outras razas en tantas outras partes do mundo), se triunfase a harmonía coa natureza e os seus espíritos?

Queredes ler o primeiro capítulo? O resto na biblioteca.

(Grazas a Literatura infantil y juvenil actual pola recomendación)

No hay comentarios :