mércores, 27 de maio de 2026

Consumo responsable


Proxecto de investigación realizado polos alumnos de 3º ESO como parte do programa Nutriescolas sobre a información que ocultan as bebidas enerxéticas: a composición, efectos de hiper estimulación, insomnio, ansiedade e nerviosismo ademais de riscos psíquicos. A ley galega sobre a prohibición de consumo e venda a menores de idade é por algo.

luns, 25 de maio de 2026

Premio Xerais 2026: Alberto Lema, Ivana Gómez Abuín e Santiago Lopo

As obras cos títulos A boca do río, A banda da Albóndega e A lingua dos grifóns resultaron gañadoras do XLIII Premio Xerais de Novela, o XLI Premio Merlín de Literatura Infantil e o XVIII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. Os textos son obra de Alberto Lema, Ivana Gómez Abuín e Santiago Lopo, respectivamente.
Seguir lendo en Xerais.

Tras o proceso de edición das tres obras gañadoras, Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no mes de outubro, cando os libros estean xa nas librarías. O acto terá lugar o sábado 10 de outubro no Museo do Mar de Galicia, en Vigo.

Enquisa sobre o curso e actividades da biblioteca

venres, 22 de maio de 2026

Nova edición dun clásico: Frankenstein


Neste volume preséntase o texto definitivo que Mary Shelley quixo legar ao mundo. A historia comeza cunha expedición ao Ártico, onde un mozo científico chamado Victor Frankenstein relata a súa ambición de dominar os segredos da vida. O resultado do seu experimento —unha criatura que desafia os límites da natureza— desencadea un drama sobre a liberdade, a vinganza e a responsabilidade do coñecemento. Esta obra fundacional da ciencia ficción continúa interpelando ao lector coa súa carga filosófica e emocional.

 Un caderno de notas do propio doutor Frankenstein, deseñado polo ilustrador, complementa esta edición de luxo. A partir dos 14 anos, este clásico convértese nun agasallo perfecto para mozos e persoas adultas que valoran a literatura con profundidade. Ademais, a súa publicación cobra especial relevancia coa estrea en 2025 dunha esperada adaptación cinematográfica dirixida por Guillermo del Toro. Un libro imprescindible para redescubrir a alma tráxica do monstro que cambiou a historia.

xoves, 21 de maio de 2026

Premio Princesa de Asturias Cooperación Internacional 2026: Bóveda Global de Semillas de Svalbard

Inaugurado en 2008, cunha extensión de máis de mil metros cadrados, repartidos en tres almacéns, ten como obxectivo salvagardar a diversidade de sementes de cultivos destinados a alimentación para garantir a subministración futura en caso de perda debida a desastres naturais, conflitos humanos, cambios nas políticas, mala xestión ou calquera outra circunstancia.

Un premio para a esperanza.

 Seguir lendo na Fundación Princesa de Asturias

mércores, 20 de maio de 2026

Visita a Celanova


O 19 de maio fixemos unha saída a Celanova co alumnado do club de lectura, club de manga e coro. Foi un día moi completo: comezamos visitando o mosteiro, no que puidemos ver desde fóra a fiestra da cela na que estivo preso Celso Emilio Ferreiro; fomos tamén á espectacular biblioteca do IES de Celanova; á capela de San Miguel, considerada un exemplo único da arquitectura mozárabe prerrománica en Galicia e asistimos a un concerto didáctico de órgano na igrexa de San Salvador. Ademais, visitamos a Casa dos Poetas, onde puidemos aprender moito sobre a vida de Curros Enríquez e, por último, fomos a Vilanova dos Infantes e ao castro de Castromao. Nos distintos lugares, o alumnado leu textos de Celso Emilio, Curros e Xosé Luís Méndez Ferrín. Así mesmo, os integrantes do coro interpretaron a canción "Herba de namorar", acompañados polo órgano.

Esperamos que desfrutedes da reportaxe gráfica da visita tanto como nós desfrutamos do día!

luns, 18 de maio de 2026

Gañadores da VIII Olimpiada Cultural


Norabóa por tanto esforzo e bo traballo pois en tempos de exames (de 2º BAC) resultou moi complicado seguir participando nunha Olimpiada tan esixente.

Día dos Museos: "unindo un mundo dividido”.


Con motivo do Día Internacional dos Museos, a Rede de Grandes Espazos de Divulgación (GEDIC) do CSIC súmase a esta celebración cunha variada programación de actividades repartida por todo o territorio. Puertas abertas, espectáculos musicais, charlas, talleres ou visitas guiadas achegarán a ciencia e a cultura científica a públicos de todas as idades ao redor do 18 de maio.

Seguir lendo na web do CSIC ou na web da Consellería para ver as actividades na nosa comunidade.

mércores, 13 de maio de 2026

Novedades: Yo quería entender el universo


Dunha das nosas escritoras favoritas presentamos unha
 novela chea da tenrura do primeiro amor e de anécdotas científicas curiosas, perfecta para descubrir o lado máis apaixonante da ciencia.

Como influencer de lifestyle, Emma está acostumada recibir mensaxes raras. Pero o de Andrés destaca entre todos os demais: ao parecer, o seu pai e a nai de Emma foron amigos na universidade, e Andrés atopou algunhas cartas en grao sumo interesantes desa época. Nelas, os mozos Emilio e Laura falan da súa paixón pola física, a bioloxía, a xenética... do que non falan é do moito que se gustan, aínda que, para Andrés e Emma, iso é máis que evidente.

Alén de coñecer mellor a Andrés, as cartas de Laura e Emilio espertarán en Emma unha inquietude científica que cría durmida.

martes, 12 de maio de 2026

12 de maio: Día Escolar das Matemáticas

O Día Escolar das Matemáticas é unha iniciativa educativa que busca achegar as matemáticas ao alumnado dun xeito dinámico, contextualizada e participativa, promovendo cada ano unha temática de especial relevancia social e educativa.

O Día Escolar das Matemáticas (DEM) 2026 que se conmemora hoxe 12 de maio está dedicado este curso escolar 2025/2026 ao pensamento computacional e á intelixencia artificial, dous ámbitos fundamentais para comprender os retos educativos e tecnolóxicos do presente e do futuro.

O encargado de desenvolver esta temática será Luis Miguel Iglesias Albarrán, membro da Sociedade Andaluza de Educación Matemática Thales, quen elaborou un caderno didáctico dirixido ao profesorado e ao alumnado co obxectivo de achegar estes conceptos de xeito práctico e accesible.

sábado, 9 de maio de 2026

Día de Europa


O 9 de maio de 1950, o ministro francés de Asuntos Exteriores, Robert Schuman, pronunciou un discurso histórico e expuxo un plan para unha maior cooperación en Europa. Coñecida como a Declaración Schuman, achandou o camiño para unha nova era de paz, integración e cooperación en todo o continente, e sentou as bases da Unión Europea tal como a coñecemos hoxe. 

No mundo actual, que está en constante evolución e cheo de desafíos, a nosa Unión debe manterse forte e independente. Isto implica unirnos para reforzar a nosa seguridade, impulsar a prosperidade e protexer a nosa liberdade para decidir en que tipo de sociedade e democracia queremos vivir. 

O Día de Europa constitúe unha oportunidade para recoñecer isto e celebrar a comunidade de valores que representamos e que protexemos e fortalecemos conxuntamente. Esta ocasión especial tamén brinda a oportunidade de conectar coa cidadanía e mostrar como está a traballar a UE para protexer e crear oportunidades para as persoas e promover asociacións a escala mundial. 

En 2026, a celebración do Día de Europa foi aínda máis especial. Alén de conmemorar os 40 anos transcorridos desde que Portugal e España adheríronse á UE, tamén celebramos o 40º aniversario das primeiras celebracións oficiais do Día de Europa e o uso público da bandeira e o himno da UE

Seguir lendo.

sábado, 2 de maio de 2026

Tal día como hoxe 2 de maio: Leonardo da Vinci, un visionario da ciencia

Leonardo da Vinci, o gran artista do Renacemento, modelo do home universal, foi tamén un xenio científico e tal día como hoxe morría no ano 1519.

Á parte da súa obra pictórica, tan exquisita como escasa, houbo un Leonardo dedicado á observación rigorosa, o experimento e a formulación exacta de principios xerais a partir da experiencia empírica.

Nos miles de páxinas dos seus cadernos de notas, que só empezaron a ser estudados a fondo nas últimas décadas, atopamos anticipacións de moitos desenvolvementos posteriores da ciencia moderna. Os seus contemporáneos sabían que Leonardo dedicaba boa parte do seu tempo ao estudo da filosofía natural, que é como se chamaba á ciencia entón (o termo inglés 'scientist' non apareceu ata 1840) e así mesmo temos constancia de que Leonardo planeaba publicar numerosos tratados científicos cos materiais recolleitos nos seus cadernos.
Seguir lendo o artigo no National Geographic
Se queres botar unha ollada ás súas obras, visita o noso catálogo.

A súa figura é tan relevante que o robot cirúrxico que se emprega hoxe en día paraintervencións  minimamente invasivas de alta precisión, leva o seu nome. Permite aos cirurxiáns realizar intervencións complexas a través de pequenas incisiones utilizando brazos robóticos controlados desde unha consola, ofrecendo visión 3D, maior destreza e supresión do tremor manual.

Así que cando escoites falar de este robot pensa que un home que naceu fai máis de 500 anos, tivo a curiosidade de observar a natureza e copiar dela cos seus inventos sendo un adiantado á súa época.