lunes, 3 de mayo de 2010

Todos valemos a pena!!


No noso aniversario aproveitamos para dar as grazas especialmente a O Sorriso da Muralla, blog irmán en varios sensos, por enviarnos este agasallo que moi gostosamente poñemos a funcionar...
Porque todos valemos a pena, ou non?
Tanto traballo diario sen tempo,
cos horarios cargados,
pero coas sorisas dos alumnos despois
das actividades da biblio,
o son dos rapaces na biblio,
os comentarios que nos fan ao
rematar un libro que lles recomendaches e
nos fan asomar una bágoa de emoción de cando en vez...

Recibir o selo "Vale a pena ficar de olho nesse blog!" esixe unhas condicións:

• Incrustar a imaxe do selo que simboliza o premio cunha ligazón ao blog que o outorgou.
• Enlazar 10 blogs que, segundo o criterio do premiado, valen a pena.

Hai moitos blogs amigos xa premiadose e para non facer o mesmo ca pescada, mencionamos ao que nos recolle a todos e unha mostra do que se está a facer na comarca de Ferrolterra:
IES Ferrolterra (antes Marqués de Suánces)

No hay comentarios :