viernes, 1 de diciembre de 2017

Día Mundial de la Lucha contra el SIDA, ¿por qué se celebra el 1 de diciembre?



O Día Mundial da Loita contra a SIDA conmemórase anualmente o 1 de decembro e dedícase a dar a coñecer os avances contra a pandemia do Virus da Inmunodeficiencia Humana ( VIH) causada pola extensión da infección do virus, así como revelar os avances médicos relacionados coa cura desta enfermidade e concienciar das formas de prevención. 

Este día foi escollido no Cume Mundial de Ministros de Saúde de 1988, dentro dos programas para a prevención da SIDA, e ademais ese ano declarouse como o 'Ano da Comunicación e Cooperación sobre a Sida'.


O VIH ou Virus da Inmunodeficiencia Humana é un retrovirus que ataca ao sistema inmunitario da persoa infectada. O sistema inmunitario é a defensa natural do noso corpo fronte aos microorganismos infecciosos, como as bacterias, virus e fungos capaces de invadir o noso organismo. En concreto, o VIH ataca e destrúe os linfocitos CD4, que son un tipo de células que forman parte do sistema inmune e que se encargan da fabricación de anticorpos para combater as infeccións causadas por estes axentes externos. 

Para saber máis Infosida.es

No hay comentarios :