luns, 17 de maio de 2021

Rocío Leira no IES Fernando Esquío

 

Grazas a Isabel Armesto, representante da editorial Xerais puidemos disfrutar de Rocío Leira, finalista do XI Premio Jules Verne de LIX de Xerais, aínda que fora na distancia e con algún atranco dixital o pasado xoves 13.

Os alumnos de 1º ESO presentaron a autora e a obra Trescatorcedesaseis que leron no club de lectura e proposta tamén de lectura deste nivel.

«Xogamos?» Ese é o contido dun correo electrónico que un día recibe o profesor Benavides. O matemático acepta o lance e dende ese intre terá que desentrañar o misterio que se agocha tras os asasinatos que se están a producir no campus universitario. Coa axuda de Silvia, unha enigmática alumna da facultade de Matemáticas, Benavides deberá resolver os desafíos lóxicos que un intelixente asasino lle vai propor.

Mensaxes cifradas, pistas inquietantes e códigos aparentemente irresolubles danse cita nesta aventura chea de intriga na que entrarás de cheo nunha parte da historia das matemáticas. Comeza o xogo!


Ningún comentario :