sábado, 11 de decembro de 2021

Calendario Advento ODS. Favor por favor


Favor por favor é a novela na que se baseou a película 'Cadea de favores' na que un profesor propón unha tarefa aos seus alumnos na que teñen que facer algo que cambie o mundo. Ese profesor, que acaba de chegar a ese pobo, ten a metade da cara desfigurada pois durante a guerra de Vietnam foi ferido ao tratar de salvar a un mozo da morte. En fin, presenta un aspecto peculiar para ser un profesor ademais de ser un home de cor. Un dos nenos,
Trevor, propón unha idea fantástica e lévaa a cabo sen pensar que vaia a ter éxito. O certo é que facer favores nun momento transcendental na vida das persoas e sen pedir nada a cambio salvo que faga outros tres favores que non teñen por que ser de diñeiro, vai cambiando o mundo aos poucos.



Ningún comentario :