venres, 24 de decembro de 2021

Calendario Advento ODS: Odio el rosa

Fai un tempo disfrutamos da visita de Ana Alonso para falarnos da saga La llave del tiempo, interesante visión da vida no futuro colonizando outros mundos. Logo da súa visita mercamos todas as obras da autora xunto co seu compañeiro Javier Pelegrín pois a súa visión dos problemas do mundo nos parece moi suxerente. 

Agora vos achegamos Odio el rosa, e non, non se trata dunha saga romántica senón unha visión do mundo que nos rodea, as redes sociais, as marcas, as novas tecnoloxías...  Esta saga combina a lectura en formato tradicional coa lectura a través de medios dixitais: a aventura transmedia. Un universo literario innovador e diferente que cobra vida na internet, promovendo a integración do hábito lector e adaptándoo á realidade social e cultural dos rapaces.

Dúas historias paralelas ambientadas nun futuro próximo protagonizadas por un mozo, Dani, e unha moza, Sara, con destinos que se cruzan. As marcas, a educación para conseguir persoas dependentes das grandes corporacións, as adiccións...son temas presentes na saga ao longo das historias dos protagonistas ampliándose a través dos contidos transmedia.

Ningún comentario :