xoves, 16 de decembro de 2021

Calendario Advento ODS. Trash. Os reis da basura / Memorias dun neno labrego


Gáñanse a vida na xigantesca entulleira dunha gran cidade. Desde o amencer ata que cae o sol, Rafael,
Gardo e Rata traballan removendo o lixo, seleccionando e descartando obxectos entre unha fumarenta montaña de refugallos. Pero o día en que Rafael atopa algo que non debería atopar, os tres amigos ven a oportunidade de deixar atrás a súa dura realidade. E cando aparece a policía e promételles unha substanciosa recompensa, se confabulan para manter en segredo o seu achado.

Así comeza unha aventura que os conducirá ás avenidas máis luxosas da cidade, a un inmenso cemiterio e á cela dun ancián preso político, mentres policías sen escrúpulos perséguenos, dispostos a cazalos como alimañas.

Atopa o sentido da amizade e os valores en Trash.

Memorias dun neno labrego é o caderno no que Balbino escribe todo o que lle acontece na súa aldea. A familia do protagonista é moi pobre e traballa a terra e o gando dun Señor. Os país de Balbino trátano coma a un maior, pero nos seus ollos aínda se pode albiscar a inocencia propia dun neno da súa idade. A Balbino gústalle pensar o porque das cousas e cavilar sobre o mundo. Non ten moitos xoguetes, máis é feliz , xa que se conforma con moi pouca cousa. Tampouco ten amigos e agora que moita da súa xente querida ten que emigrar a América, Balbino síntese máis solo ca nunca. Pero pronto vese obrigado, por mor dunha discusión a abandonar a súa familia e buscarse el só a vida. O único que o mantén con ilusión para seguir vivindo son esas cousas insignificantes para os ollos dun adulto, pero tan importantes para un neno.

Ningún comentario :