
Como di Manuel Toharia , Director do Museo da Ciencia Príncipe Felipe en Valencia,a perda de memoria ten unha forte connotación negativa, pero non sempre hai razón para que sexa así. O mecanismo do esquecemento é tan natural como o do recordo. O esquecemento non é só unha defensa ante unha acumulación de datos que acabarían por volvernos tolos, senón que é un mecanismo biolóxico automático de compensación. Coñécense decenas de moléculas da memoria, e xa foi identificada a primeira “molécula do esquecemento” polos investigadores da Escola Politécnica Federal de Zürich. O importante que se demostrou é que esquecemos non por falta de interese, intensidade ou por un problema de envellecemento senón por un proceso parecido ao da memorización que poderiamos denominar a antimemorización. Pero …… non esquezamos o que aprendemos este trimestre ou este curso QUE CHEGAN OS EXAMES!!!