Así comeza As chaves do tempo, o texto de Luísa Villalta publicado en 2001 por Promocións Culturais Galegas. A narración arranca “nos tempos en que había reis na Galiza” e chega ao presente desenvolvendo unha trama en que o amor, a lealdade, o medo, a ambición, a submisión, a traizón, a censura, as falsas noticias e, tamén, as arelas de concordia e de xustiza son elementos que marcan os protagonistas da historia a nivel particular mais que se proxectan tamén a nivel social e político desde aquel tempo pasado a este en que habitamos.
As chaves de que nos fala Luísa Villalta, feitas polo propio Merlín, só serven para abrir, nunca para fechar. Son chaves coas que poderemos abrir máis futuro para a lingua ou para un aproveitamento racional dos nosos recursos; para o desenvolvemento industrial e para a produción ecolóxica; para a diversidade sexual ou o empoderamento das mulleres.
Se queredes saber o que temos na nosa biblioteca da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024, premede na portada.
Ningún comentario :
Publicar un comentario