preme na imaxe para acceder ao catálogo
Alexander Humboldt foi un intrépido explorador e o científico máis famoso da súa época. A súa axitada vida estivo repleta de aventuras e descubrimentos: escalou os volcáns máis altos do mundo, remou polo Orinoco e percorreu unha Siberia inzada de ántrax. Capaz de percibir a natureza como unha forza global interconectada, Humboldt descubriu similitudes entre distintas zonas climáticas de todo o mundo, e previu o perigo dun cambio climático provocado polo home. Neste precioso libro ilustrado recóllese a historia da súa viaxe ao corazón da natureza.
Ningún comentario :
Publicar un comentario