mércores, 6 de novembro de 2013

Miguelanxo Prado Premio Nacional de Cómic

Esta obra que xa fora declarada Mejor Obra de Autor Español do 2012 no Salón Internacional do Cómic de Barcelona, é a primeira banda deseñada galega que acada este galardón.
O xurado destacou o caracter poético da obra, que mestura a realkidade co soño, a memoria e o esquecemento, e a súa mestría técnica no uso da cor.
Parabéns para o autor e para toda a banda deseñada galega. 
Hai tempo que vimos falando do bo nivel deste xénero, da necesidade de que sexan traducidas as obras destes creadores que están a ser publicadas noutras idiomas, e de que sexan suficientemente coñecidas. Pode que este premio axude neste sentido, e bo será!
Pronto na biblioteca!
Visita o noso catálogo para coñecer as obras do autor na biblioteca.
Vía  José Luis Barreiro Cebey en Redeiras

domingo, 3 de novembro de 2013

Día da Ciencia en Galego


O vindeiro 4 de novembro dedícase á Ciencia en Galego: a Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA), a Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) e mais a Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA) convidan á comunidade educativa a festexar o vindeiro 4 de novembro o IV Día da Ciencia en Galego, para reivindicar o dereito a gozar da ciencia e da arte no noso idioma. Nesta edición os homenaxeados son o arquitecto Richard Buckminster, a científica Florence Nightingale e o intelectual e artista galego Isaac Díaz Pardo.

E con motivo desta celebración o vindeiro martes 12 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar en dúas videoconferencias vía web, na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.

El final del cuento de hadas

venres, 1 de novembro de 2013