venres, 30 de setembro de 2022

Novidades: Elvis


Se testemuña dos humildes comezos do Rey do rock ‘nroll en Memphis como artista que loitaba por definir a súa voz e entrar na industria musical. Desde o famoso estudo de Sun Records ata os estudios de televisión de todo Estados Unidos, Chris Miskiewicz e Michael Shelfer exploran as vicisitudes do mozo Elvis Aaron Presley nesta apaixonante novela gráfica.

venres, 16 de setembro de 2022

Contando Ciencia

 

Comeza o II Ciclo Contando Ciencia ben preto de nos, desde a BE do IES de Fene, Violeta Miraz consigue o imposible, que científicos tan relevantes comuniquen os seus estudos ao público en xeral polo que non podemos deixar de asistir ás charlas na Casa da Cultura de Fene.
No cartaz tedes a temática, o relator e as datas...se sodes curiosos, asistide; non vos defraudarán.

xoves, 15 de setembro de 2022

Coñecendo a nosa contorna: A cova do Rei Cintolo, distinguida como a “Mellor Cova de Galicia 2022”

A Cova do Rei Cintolo, situada en Mondoñedo, é a gruta calcaria máis grande de Galicia e acaba de ser nomeada como “Mellor cova de Galicia, 2022” por Observer, axencia de turismo científico. Este destino foi explorado por primeira vez no século XIX e ao longo da súa historia foi obxecto de estudo de diferentes investigacións antropolóxicas. No ano 2019, a cova foi certificada por Observer como mellor destino científico da comunidade. O seu patrimonio natural, así como a boa xestión da súa conservación, foron algúns dos parámetros cos que Observer mediu a distinción desta cova, que finalmente foi nomeada como un dos seus destinos turísticos acreditados máis emblemáticos.

Seguir lendo en Destinos de Ciencia....

xoves, 8 de setembro de 2022

Coñecendo a nosa contorna: Ortegal, kilómetro cero do centro da Terra

Cabo Ortegal. Crédito: Deputación da Coruña

 Á sombra do cabo Ortegal fúndense o Atlántico e o Cantábrico. Para os mariñeiros das rías Altas é o quilómetro cero marítimo. Para os xeólogos, é o quilómetro cero da viaxe ao interior da Terra.

Un horizonte de pregamentos caprichosos con 1.160 millóns de anos en forma de cantís abruptos entre os máis escarpados da Europa continental (613 metros) onde se agarran con forza os crustáceos máis cotizados do litoral galego e descansan cada outono as aves europeas que emigran cara ao verán africano.

Un patrimonio incalculable que está a un pasiño de acadar o recoñecemento da Unesco coa declaración de Xeoparque, que pon en valor a historia da súa terra desde o punto de vista xeolóxico, paisaxístico e natural e ábrelle as portas a unha maior inxección económica para o desenvolmento do territorio...

Para saber máis GCiencia, entra de descubre, os resultados coñeceranse na primaveira do 2023.

luns, 27 de xuño de 2022

Olimpiada Cultural, preguntas e respostas


Preme na imaxe ou no QR do pé

Para despedir o curso queremos deixarvos a recopilación das preguntas e respostas da IV Olimpiada Cultural para que lle botedes unha ollada: os que participastedes para que lembredes o voso paso pola proba, e os que non participastedes para que vexades que con un pouco de interese e moita curiosidade podedes solventar as probas.

O reto é voso, queredes participar o vindeiro curso? pois quentade motores  porque nos xa estamos buscando probas, e non deixedes de anotarvos na vindeira convocatoria que salirá o 1 de decembro para ter a V Olimpiada Cultural á volta do Nadal.

Vos atrevedes??



domingo, 26 de xuño de 2022

Harry Potter cumpre 25 anos

 


preme na imaxe  e move o rato cara abaixo para despregar a información.

Harry Potter cumpre 25 anos e nos non deixamos de lelo.

Seguir lendo en La Vanguardia.
Máis info do 20º aniversario tamén en La Vanguardia.

Ano Santo: Iacobus Maris


Entre os días 24 de xuño e 22 de xullo, once grandes veleiros conmemorarán a viaxe do corpo do Apóstolo Santiago nun roteiro marítimo desde Xénova, en Italia, ata o porto de Vigo, durante unha travesía onde tamén percorrerán os territorios de Valencia, Sevilla e O Porto. Entre goletas, bergantines, pailebotes, carabelas e barcos da Volvo Ocean Race, o roteiro terá catro etapas ata a súa chegada a Galicia o 22 de xullo e poderá vivirse en cada un destes cinco portos onde recalará a frota. Posterior á chegada dos tripulantes ao porto vigués, serán trasladados en autobuses ata o Monte do Gozo para facer o último percorrido a pé ata Santiago de Compostela. Igualmente, os peregrinos terán dereito á Compostela, un recoñecemento que expide o Arcebispado de Santiago de Compostela en recoñecemento ao seu esforzo por completar a travesía.

Seguir lendo en La Voz de Galicia
Para saber máis Iacobus Maris.