sábado, 30 de xuño de 2007

Ata o curso que ven



Esperamos que ou noso traballo vos resultase de interese... pero preparádevos para ou curso que ven!

venres, 29 de xuño de 2007

O Principiño


Hoxe é o aniversario do nacemento de Antoine de Saint-Exupéry,quen foi un aviador e literato francés que só viviu escasos 44 anos. Naceu en Lyon, en 1900 pero nunca se soubo que ocorreu con Saint-Exupéry , xa que desapareceu para sempre nunha misión de recoñecemento, cando sobrevoaba a Francia ocupada polos nazis, durante a Segunda Guerra Mundial. Saint-Exupéry comezou escribindo en prosa lírica vivencias de carácter novelesco, pero a súa obra máis famosa e pola que transcendeu é O Principiño, un conto longo que en formato de libro bateu marcas de venda no mundo e en todos os idiomas desde 1943, ano en que se publicou por primeira vez en francés.
Nas súas páxinas evócanse os valores máis arraigados e esenciais do humanismo: a solidariedade, bondade, enteiriza, tenacidade, compañeirismo e entusiasmo polo coñecemento.
O libro é un símbolo de procura permanente do home, daqueles principios que enriquecen o espírito e que traen paz infinita ao alma.
Podes lelo na biblioteca ou na pantalla do voso ordenador.

xoves, 28 de xuño de 2007

"De ben nacidos é ser agradecidos"


A Rodrigo, o arquitecto deste tinglado e voluntario sen condicións. A Loles, que está en todo, e tanto cadra contas como maquina unha actividade ou che aparece cunha estantería moi apañada para que nos fixemos nos libros. A Begoña, sempre redactando, enmaquetando, inventando..., traballadora entusiasta á que non lle podemos dicir que non. A Marta, atenta a espremer os libros ou a Internet para mostrarnos verdades. A Concha, a Denise, aos-ás profesores de garda...

A todos-as, moitas grazas e bó verán.

martes, 26 de xuño de 2007

Chicas de alambre


Hoy quiero recomendaros un libro para el verano que sé que muchos ya habéis leído… ¡por algo será!
Se trata de Las chicas de alambre de Jordi Sierra i Fabra que habla del mundo de la moda y la anorexia.
Una compañera vuestra, Brianda, ha hecho unos comentarios sobre el libro que me parecen de los más adecuados.

Las chicas de Alambre, de Jordi Serra i Fabra

Comentado por Brianda

La obra aborda el trágico problema que afecta hoy en día a tantos adolescentes e incluso niños y niñas , que es la anorexia , y lo hace de una forma que resulta totalmente creíble ya que el ambiente en el que se desarrolla la trama, el mundo de la moda, es uno de los más afectados por esta terrible enfermedad.

(sigue)

Otro libro que aborda el mismo tema es el de Amélie Nothomb, Un nome de diccionario.

domingo, 24 de xuño de 2007

A Terra Media instalouse en Galicia


A Terra Media instalouse en Galicia. Escenarios, efectos especiais e personaxes principais, con toda clase de dispositivos bélicos ou de deseño, que permitiron recrear no cine o mundo fantástico ideado polo novelista J. R. R. Tolkien ocupan desde hoxe todas as salas e plantas das sedes na Coruña e Santiago da Fundación Caixa Galicia. A espectacular exposición sobre a triloxía cinematográfica de "O señor dos aneis"poderemola visitar ata o 16 de setembro.
Chaman a atención as reproducións a tamaño real da criatura Gollum, rodeada de ananos e elfos, do monstruoso Trol das Cavernas ou do cadáver, dun impresionante realismo, de Boromir xacendo nunha barca, así como os traxes e obxectos de bixutería que luciron os actores. Entre estes está o magnífico vestido de pedrería da raíña Galadriel, o de noiva de Arwen ou a armadura do rei Théoden. Nunha pequena sala, dentro dun tubo con auga, flota o famoso anel único.
(desde El País)

sábado, 23 de xuño de 2007

Salto por enriba do lume de San Xoán, para que non me trabe nin cadela nin can


A nosa longa noite de San Xoán é, en Galicia, unha noite moi curta, a máis curta do ano. Pero por curta, non quere dicir que nesa noite non sucedan cousas, senón todo o contrario, as cousas que suceden, nesas poucas horas nocturnas que van do 23 ó 24 de xuño, son moitas e, quizais, das máis interesantes do todo o ano.É, sen dubidalo, e dende os tempos máis remotos, unha das noites máis máxicas galegas, e a que coincide coa celebración do solsticio de verán. As meigas andan soltas e ninguén sabe o que vai acontecer...
É a noite do lume, das lumeiradas, fogueiras, cachelas ou cacharelas... A noite da auga, na que reviven as propiedades das fontes santas e milagreiras, a que purifica e fecunda coas nove ondas do mar (que, en realidade, son sete)... A noite do orballo, e, tamén, do mundo vexetal –onde as plantas acadan o mellor das súas propiedades máxicas e mais de curación.
Nesa noite, onde tódolos milagres e os encantos son posíbeis, é o lume o maior protagonista.
O lume de San Xoán ten moitas virtudes, todas elas de purificación. É tradición saltar, varias veces, a fogueira; por suposto, sempre nun número impar e saltando dunha vez para un lado e outra vez para outro. É bo contra o mal de ollo, meigallos, distintas enfermidades, sempre e cando fagamos a invocación mentres o saltamos:
Salto por enriba do lume de San Xoán, para que non me trabe nin cadela nin can.
E logo, cando chegue a hora de bota-la borralla da fogueira cara un río digamos aquilo de:
Demo maldito vaite de aí. Aí vai a borralla de San Xoán atrás de ti. Deus te leve ó mar onde non cantou galiña nin galo. E a que cantou, levouna o diaño.

Boa noite de San Xoan!

venres, 22 de xuño de 2007

Boletíns non só de cualificacións


Hoxe entregámosvos os boletíns de cualificacións e, como no cine, "sorrisos e bágoas". Esperemos que durante este tempo de relax non nos esquezamos de que o mellor amigo do estudante é...... o libro.
Botádelle unha ollada ao Boletín de Biblioteca de xuño para: decatarnos das novidades, o concurso de toponímia (seguimos sen saber onde vivimos e por que se chaman así os lugares polos que nos movemos), entreternos cuns enxeños matemáticos, recordar os traballos dos alumnos premiados, etc.
Aínda que volo entregamos, o tedes tamén aquí por se o esquecestes, do mesmo xeito que o trípitico Especial de Verán coas recomendacións para regalar ou que nos regalen, para ler ou que nos lean, poque non vos lembrades do pracer que supón escoitar ler a alguén? Facede a proba.

xoves, 21 de xuño de 2007

Nin máis nin menos, iguais.

Hoxe conmemoramos o Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial e o asunto é moi serio porque son demasiadas as ocasións, na Historia e na actualidade, en que eses dereitos naturais do ser humano que son a Igualdade e a Liberdade careceron-en de valor. A todos e todas resúltannos penosamente cotiáns termos como racismo, xenofobía...
Dende a Biblio quixéramos que non pasárades de longo sobre esta conmemoración, e por iso propoñémosvos dúas películas do grandísimo director Steven Spielberg, dispoñibles no noso Fondo: Amistad, ambientada en 1839 nos Estados Unidos, que trata do tráfico de escravos africanos e a súa loita pola liberdade; e La Lista de Schindler, que nos achega ao horror do Holocausto que levaron a cabo os nazis durante a II Guerra Mundial







create your own slideshow









Cool Slideshows!