mércores, 16 de decembro de 2009

O alumnos de secundaria outórganlle a Daniel Pennac o Premio Spinoza


Naceu co obxectivo de fomentar a lectura do ensaio nos máis novos, ao tempo de reivindicar a figura de Bento Spinoza. O premio, que toma o nome do filósofo, foi iniciativa do Instituto Rosalía de Castro e concédeno os estudantes de cinco institutos de Galicia.
Este ano, o texto gañador é o ensaio Mal de escola na que conta como un mal alumno chega a ser profesor e, mais adiante, un escritor recoñecido, Daniel Pennac.
O autor aborda a cuestión da escola e da educación dende o punto de vista dos malos alumnos. O autor, un dos máis celebrados das letras francesas contemporáneas, un pésimo estudante adolescente, estuda esta figura do folclore popular outorgándolle a nobleza que se merece e restituíndolle a carga de angustia e dolor que a acompaña... (Seguir lendo)

Vía Cultura Galega.

martes, 15 de decembro de 2009

Felicidades ao IES DE CATABOIS e a outras Bibliotecas Escolares de Galicia

Últimamente botábamos en falta A Pilar Berrio nas nosas reunións de bibliotecas de Ferrolterra, e claro Chispa nos trae a noticia: A biblioteca do CEIP de PAZOS: FELICIDADES AO IES DE CATABOIS e a outras Bibliotecas Escolares de Galicia: ademais de poñer en marcha o club de lectura de adultos, participa no Premio Nacional de Bóas Practicas do MEC...

A Pilar e a todo o grupo de biblioteca do IES de Catabois:


ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more


luns, 14 de decembro de 2009

Unha das nosas recomendacións para o Nadal...



Que ocorrería se Cincenta se descanta co príncipe? que pasa se a historia do "ser felices e comer perdices" non nos convence? estas preguntas, por fin, teñen resposta e pódense ver neste precioso conto con ilustracións de Myriam Cameros.

Unha reflexión narrativa e documental sobre a violencia de xénero contada por cinco importantes escritoras españolas.

«Cinco escritoras españolas comprometidas contra a violencia de xénero:Anxos Caso, Espido Freire, Rosa Regàs, Eugenia Rico e Lourdes Ventura,reuníronse individualmente con outras tantas mulleres de distintas idades e clases sociais que nalgún momento das súas vidas, en ocasións ao longo de moitos anos, sufriron malos tratos por parte das súas parellas. A palabra da quinta desas mulleres, asasinada anos atrás polo seu maltratador, cobrou vida en boca do seu fillo, e ese relato pecha o libro e tamén lle dá título: a morte, a ausencia que provoca a morte, fai que cinco por dous sexan nove» (Silvia Pérez e Fernando Marías, editores).

Blog da Cenicienta que non quería comer perdices.

domingo, 13 de decembro de 2009

Norabóa Manuel


Felicitámonos de que un dos nosos autores de cabeceira tivese o recoñecemento de toda a comunidade cultural galega.
Manuel Rivas foi nomeado membro da Real Academia Galega.
Rivas, nado na Coruña en 1957, é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e traballou como colaborador para diferentes medios.
A súa faceta de escritor foi galardoada cos premios Torrente Ballester de Narrativa en 1995, o Premio Nacional de Narrativa en 1996 ou o Premio da Crítica Española en 1998.
Recomendámosche unha das súas últimas obras "Os Grouchos", e si queres podes ler as primeiras páxinas.

venres, 11 de decembro de 2009

Boletín de biblioteca, tarde pero sae!

A piques de sacar o boletín coas recomendaciones do nadal, sacamos o nº 24 que estaba algo atrasado... este ano non dispoñemos de tanto tempo, persoal, recursos... pero ao final podemos (coma Obama) Yes, we can!


Día dos Dereitos Humáns II: Cartafol Didáctico


Coma sempre os de Amnistía Internacional de Catalunya traballando tan ben, ofrécennos uns materiais para traballar nunha banda de idade de 12 a 17 anos, e propóñennos varios temas:

1. Os presos de conciencia
2. A pena de morte
3. A tortura
4. Os xuicios xustos




(Grazas Bea polos carteis tan bos que nos regalas)