martes, 28 de novembro de 2017

150 anos de Faraday: o home que levou a electriciade máis alá

Michael Faraday é probablemente un dos científicos máis transcendentais e con menos fama da historia. Hoxe contámosvos a súa historia e por que é tan importante da man de Hipertextual.




A diferenza doutros científicos moi influentes como Thomas Edison ou Nicolás Copérnico, Michael Faraday non logrou esa "fama" nos seus anos posteriores. De feito, salvo que vos cursades estudos superiores da rama de ciencias (un grao universitario ou, mesmo, en física de segundo de bacharelato), é estraño que saiba quen é Michael Faraday Con todo, moitos dos dispositivos e aparellos electrónicos que utilizamos a diario, son reais grazas aos estudos e descubrimentos deste persoeiro.

Sen ter estudos superiores a súa curiosidade levouno a formarse de xeito autodidacta.O seu primeiro xefe e mentor foi o químico Humphry Davy quen logrou grandes descubrimentos no campo da electrólise. Grazas a este emprego, o mozo Michael Faraday comezou a aprender e coñecer grandes personalidades do mundo científico da época.


En 1821, Michael Faraday deu a coñecer os seus traballos sobre electromagnetismo e a rotación electromagnética, investigacións que darían orixe, anos máis tarde, ao motor eléctrico que coñecemos hoxe en día. Grazas a estes descubrimentos, Michael Faraday logrou consagrarse como un científico de éxito na súa época –aínda que tamén tiña os seus detractores, obviamente–, a pesar de que nos anos posteriores á publicación deses traballos, apenas avanzou na investigación nese campo. A este descubrimento, sucedéronlle outros como a gaiola de Faraday, avances en vidro óptico, creación de novos elementos químicos como o benceno... etc

Michael Faraday iniciou en 1825 as Royal Institution' s Christmas Lectures, unha serie de charlas anuais sobre ciencia que teñen lugar na Royal Institution de Londres. Estas lecturas/charlas, a diferenza de moitas outras que existen no mundo, estaban orientadas principalmente ás persoas normais e, especialmente, aos nenos que, como Faraday, non tiveron acceso a unha educación de maior nivel. Nelas mostrábanse curiosidades e avances científicos da época, os cales abundaban naquela época e marabillaban á audiencia. Tal foi a transcendencia destas charlas, que, a día de hoxe, séguense realizando ano tras ano, con diferentes relatores que trataron todo tipo de temáticas ao longo dos case dous séculos desde o seu comezo.

Algunhas das aplicacións dos seus principios deron lugar e propiciaron os xeneradores e transformadores, o motor eléctrico, a xaula de Faraday nos avións, os inhibidores e aislantes, a enerxía hidráulica e a dínamo...
Ler o artigo completo.

martes, 21 de novembro de 2017

III Concurso de Guións Contra a Violencia de Xénero: O túnel



"María, unha rapaza anulada polos micromachismos imperantes na sociedade, remata nun tunel cara á morte, froito dunha relación tóxica co seu mozo Juan Pablo." O TÚNEL é unha curtametraxe de: ALBA ANTÚNEZ, CRISTINA FERNÁNDEZ, CARMELA FRANCO, JESSICA MOLEDO, LUCÍA PERNAS, NOEMI PURRIÑOS E ROMÁN VARELA , alumnado do IES Moncho Valcarce de As Pontes de García Rodríguez, desenvolvida no verán de 2017 dentro do obradoiro “Non entres no túnel!!” Con EVA GONZÁLEZ, RUBÉN MOLEDO, SARA DOPICO, ANDRÉS PITA, XENARO SABORIDO, NURIA DURÁN... Co guión gañador do "III Concurso de Guións Contra a Violencia de Xénero" 2016, organizado pola Deputación da Coruña. Área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade. Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección de Servizos Sociais.

Suprime o control

A Deputación da Coruña acaba de botar a andar por segundo ano consecutivo o programa socioeducativo de prevención da violencia de xénero "Suprime o control".

A principal actividade deste programa é a realización de obradoiros de sensibilización e prevención nas aulas en torno aos seguintes eixes temáticos: construción de identidades igualitarias; fortalecemento da intelixencia emocional e das habilidades sociais; aprendizaxes para a identificación e prevención da violencia de xénero; e a desmitificación do amor romántico. Os contidos e as dinámicas das sesións abordaranse dende unha proposta aberta, adaptable á diversidade de actitudes e intereses do alumnado, fomentando unha aprendizaxe cooperativa e participativa, e empregando as TICS como principal ferramenta de aprendizaxe.

O programa pon ao dispor da comunidade educativa os materiais didácticos en aberto, descargables desde a sección Recursos. Entre estes materiais ofrécese unha guía didáctica de grande interese para o profesorado. Ofrécense tamén as curtametraxes elaboradas ao abeiro dos proxectos relacionados coa prevención da violencia de xénero.

Andel dos libros esquecidos



Temos unha sección no noso blog para as vosas recomendacións chamada O andel dos libros esquecidos... onde esperamos que nos fagades chegar esas obras que vos gustaron e que queredes compartir con todos nos, a última incorporación ven da man de Alejandra Gradaille quen fala de Te daría el mundo, esperamos que vos guste.

domingo, 19 de novembro de 2017

20 de novembro: Día Internacional dos Dereitos nos Nenos



Como cada 20 de Novembro, hoxe celébrase o Día Universal do Neno. Un día para celebrar os logros conseguidos, pero tamén para lembrar que aínda hai moitos nenos que non gozan dos seus dereitos fundamentais