martes, 25 de xuño de 2019
luns, 24 de xuño de 2019
domingo, 23 de xuño de 2019
Axúdanos a conseguir o Premio Patrimonio Europeo/Europa Nostra 2019 á restauración do Pórtico da Gloria
Para facelo tes que seguir estas regras:
- Selecciona 3 proxectos ( o primeiro levará 3 puntos, o segundo 2 puntos e o terceiro 1 punto)
- Non poderás elixir os proxectos do mesmo país
- Só poderás votar unha vez, e logo de facer a túa selección recibirás unha mensaxe no teu correo (que permanecerá oculto) para confirmar o teu voto.
- Podes deixar algún comentario sobre a túa elección
- Tes ata o 15 de setembro para participar
sábado, 22 de xuño de 2019
venres, 21 de xuño de 2019
venres, 14 de xuño de 2019
Amador Castro, Emma Pedreira e Rosa Aneiros, gañadoras dos Premios Xerais 2019
Os xurados
elixiron “Xelís, o guieiro das botellas de mar” de Rosa Aneiros, como Premio
Merlín de Literatura Infantil, 2019; “Os corpos invisibles” de Emma
Pedreira Premio Jules Verne de Literatura Infantil, 2019 e “Shanghai a
Barcelona” de Amador Castro Premio Xerais de Novela 2019.
Noraboa ós premiados, xa estamos desexando que chegue o outono para lervos...
Ler a noticia en Sermos Galiza
Saber máis na rede e na prensa
xoves, 13 de xuño de 2019
Lembrando a Charo Sánchez Gabriel
Querida compañeira, querida amiga.
Vimos de saber do teu pasamento e non podemos menos que dedicar uns intres na
túa lembranza.
Hai tempo que faltas na familia PLAMBE que ti contribuiches a fundar. E xa
daquela faltounos o teu humor fino, a túa intelixencia aguda, a túa ironía
elegante, a túa mirada diversa, a túa man comprensiva, o teu gusto pola
exploración en calquera territorio, o teu espíritu de pioneira, e o teu amor
pola Lingua que abrazaches como propia e defendiches con máis forza que moitos
dos seus fillos.
A túa forma de estar no mundo, sempre curiosa e sensible, sempre atendendo a
todo con esa atención aparentemente distraída foi un exemplo para quenes
tivemos a honra de tratarte.
Xa daquela, cando a enfermidade se cruzou no teu camiño deixáchesnos, no
universo da Bibliotecas escolares de Galicia, un valeiro irreemplazable.
Pero o de hoxe é difinitvo: non só nos faltas a nós, fáltaslle ao mundo. Co que
precisamos neste momento xente coma ti!
As Bibliotecas Escolares de Galicia, chórante.
Os que te coñecimos, despedímoste con amor e cun sorriso ao tempo que enviamos
un abrazo cariñoso á túa familia.
Os que non tivéchedes a honra de coñecela, podedes achegarvos á súa maneira de
entender o mundo paseando polo blogue que creou: Mesturas
Ata sempre, Charo!
Pilar Sampedro, Carmen Suárez, Isabel Vázquez, Beni Nerga, Emilio Roca, Olga
Rodríguez e a familia PLAMBE á que pertence o Equipo de biblioteca do IES Fernando Esquío
Vimos de saber do teu pasamento e non podemos menos que dedicar uns intres na túa lembranza.
Hai tempo que faltas na familia PLAMBE que ti contribuiches a fundar. E xa daquela faltounos o teu humor fino, a túa intelixencia aguda, a túa ironía elegante, a túa mirada diversa, a túa man comprensiva, o teu gusto pola exploración en calquera territorio, o teu espíritu de pioneira, e o teu amor pola Lingua que abrazaches como propia e defendiches con máis forza que moitos dos seus fillos.
A túa forma de estar no mundo, sempre curiosa e sensible, sempre atendendo a todo con esa atención aparentemente distraída foi un exemplo para quenes tivemos a honra de tratarte.
Xa daquela, cando a enfermidade se cruzou no teu camiño deixáchesnos, no universo da Bibliotecas escolares de Galicia, un valeiro irreemplazable.
Pero o de hoxe é difinitvo: non só nos faltas a nós, fáltaslle ao mundo. Co que precisamos neste momento xente coma ti!
As Bibliotecas Escolares de Galicia, chórante.
Os que te coñecimos, despedímoste con amor e cun sorriso ao tempo que enviamos un abrazo cariñoso á túa familia.
Os que non tivéchedes a honra de coñecela, podedes achegarvos á súa maneira de entender o mundo paseando polo blogue que creou: Mesturas
domingo, 9 de xuño de 2019
Estudo sobre os Clubs de Lectura no Ensino Secundario de Galicia
O curso pasado desde Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a través da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos /Asesoría de bibliotecas se nos solicitou a nosa participación nun estudo cualitativo sobre a lectura e os clubs de lectura.
Levamos desde o inicio das convocatorias, co club de lectura e foi unha honra que nos tiveran en conta para esta proposta. Mediante grupos de discusión Julio Abalde e Eduardo Estevez, establecían ides para falar e establecendo un clima de dialogo moi cómodo, tanto os rapaces nunha primeira sesión, como os adultos na seguinte, falaron do impacto que tivo a lectura e o club, en concreto, na súa andaina como persoa.
O venres 7 na Xornada dos Clubs de lectura se nos presentou o a versión pre-publicación para que o coñezamos. Supón un bo punto de partida para analizar o que estamos a facer e tamén nos serve para mellorar o noso traballo.
Moitas grazas aos nosos clubeiros pola súa dispoñibilidade a prestarse como cobayas do estudo e aos seleccionadores por ter pensado en nos, agora nos queda ler este documento:
Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)






