luns, 25 de novembro de 2019

Contra a violencia de xénero e en todos os ámbitos


Preme  para acceder

Os alumnos de 4º ESO coa súa titora Micaela Rey e os de EPV de 3º ESO con Carmen Mirabal decoraron o centro para deixar constancia do que para eles significa esta data.
Norabó pola iniciativa, por ser tan creativos e por compartir os seus sentimentos fronte esta lacra social.

mércores, 20 de novembro de 2019

Polos Dereitos da infancia

30 anos da Convención dos Dereitos dos Nenos


En 30 anos, os nenos pobres son os que menos se beneficiaron da Convención
que protexe os seus dereitos.

A Convención sobre os Dereitos do Neno asinouse o 20 de novembro de 1989 e nas tres décadas transcorridas desde entón producíronse logros históricos para os menores do mundo; con todo, moitos dos nenos máis pobres non se beneficiaron aínda, advirte un informe divulgado este luns polo Fondo das Nacións Unidas para Infancia (UNICEF).

O documento, titulado “A Convención sobre os Dereitos o Neno nunha encrucillada”, analiza os avances innegables rexistrados nese período e afirma que a vontade e determinación políticas poden mellorar as vidas dos pequenos.

Información é poder, segue lendo na web de UNICEF para estar informado.

martes, 19 de novembro de 2019

Belleza e locura no Museo máis grande do país

200 años do Museo do Prado


O Museo Nacional do Prado celebra este 19 de novembro o seu bicentenario. Aínda que o museo foi fundado ese día de 1819, o edificio que lle serve de sede foi deseñado en 1785 polo arquitecto Juan de Villanueva como Gabinete de Ciencias Naturais por orde de Carlos III. O seu neto, o rei absolutista Fernando VII, encargaríase de depositar décadas despois parte das coleccións reais que se habían ido conformando desde o século XVI, primeiro cos Austrias e posteriormente cos Borbóns. Entre as pezas que habían ido acumulando os distintos monarcas españois sobresaen tesouros como O xardín das delicias, do Bosco; O cabaleiro da man no peito, do Greco; As meninas, de Velázquez e A familia de Carlos IV, de Goya, entre outros...

Non deixedes de entrar na web do Museo para seleccionar qué ver na vosa visita, é unha obriga!




Premede na imaxe do doodle para entrar no Especial Museo do Prado elaborado por El País

venres, 15 de novembro de 2019