Coñecer lugares afastados ou próximos, animais no seu hábitat natural, outros xeitos de vida ou un novo enfoque sobre o noso estilo de vida. Ter acceso a mapas extraordinarios e moitas máis cousas sen facer grandes desembolsos, sen esperas eternas en estacións e aeroportos e sen viaxes incómodas. No sofá da túa casa ou da biblioteca podes telo todo.Cada mes, na revista atoparás algo que te sorprenderá, artigos interesantes e fotos, pero qué fotos. Na biblioteca tes á túa disposición a versión en español e números atrasados en inglés.
E se queres máis podes ver a súas páxinas web, en español e en inglés, nas que podes ver animacións, descargar fondos de escritorio, ver e oír máis sobre as reportaxes, consultar números atrasados e, de paso, e practicar inglés. Recoméndovos entrar na páxina e buscar os artigos referentes a Galicia. Para coñecerse, é bo saber cómo nos ven os demáis.
Que non so imos vivir do Marca ou do ¡Hola!.
Ningún comentario :
Publicar un comentario