viernes, 15 de junio de 2007

Liberdade

Hoxe cúmprense 30 anos das primeiras eleccións democráticas celebradas en España despois de Franco. En 1977 os españois foron chamados ás urnas e empezaban a pecharse as feridas provocadas por séculos de guerras fratricidas entre os españois.

Como ó que se ten non se lle dá valor, é necesario recordar esta data e decatarse de que a democracia hai que coidala e fortalecela día a día. A tolerancia, a xustiza e a igualdade son dereitos polos que hai que loitar continuamente.

Xente como Adolfo Suárez, Santiago Carrillo, Dolores Ibárruri, Felipe González e moitos outros dos que oiredes falar estes días contribuíron a esta época de prosperidade da que disfrutamos hoxe, pero o maior esforzo fixérono todos eses homes e mulleres anónimos que deron a súa vida ou esqueceron ofensas, agravios, cárcere e cousas peores para contribuír á construcción do estado de dereito do que hoxe disfrutamos. Nunca na historia de España disfrutamos de tantos anos de paz e prosperidade como nestes anos de democracia.

Lembremos pois hoxe a todos ós que co seu esforzo fixeron posible o que hoxe somos.

3 comentarios :

Begoña dijo...

Dito e feito

luis dijo...

Simplemente genial y acertado

O Segrel do Penedo dijo...

Erguerse, entrar no voso blog e escoitar a Bob Dylan mentras lemos un artigo sobre a liberdade...
Grazas por facer deste domingo de choiva un día tan fermoso.
Parabéns!!