BlogFesquío
Blog da biblioteca do I.E.S. FERNANDO ESQUÍO de Neda (A Coruña)
Páginas
Páxina principal
Club de lectura
De cine no Esquío
Os documentais no Fesquío
Catálogo
martes, 5 de xuño de 2007
No Día Mundial do Medio Ambiente...
Ola meus!, hoxe celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente, aínda que vendo como o tratamos case vai ser máis axeitado preparar un velorio...
O caso é que mira que te mira polos andeis atopei tres propostas que quero compartir con vós: A primeira, en plan divulgación científica, tremendamente ilustrado e tocando todos os paos,
"A Ecoloxía"
, da Enciclopedia Temática Ilustrada publicada por A Nosa Terra; pero se vos vai máis facer experimentos, algo de bricolaxe e coñecer curiosidades, recoméndovos o delicioso
"50 cosas que los niños pueden hacer para salvar la Tierra".
E finalmente se queredes ler prosa de categoría que engancha,
"La tierra herida"
do enorme Miguel Delibes, que fala co seu fillo biólogo do mal que vai a cousa e de se terá remedio...
Outras posibilidades poden ser que vos acheguedes directamente ao
Catálogo
para ver todo o que hai, ou que piquedes no enlace dos ecoloxistas de Greenpeace que está á esquerda.
Unha aperta verde
(non sexades mal pensados/as)
para todos/as!
Ningún comentario :
Publicar un comentario
Publicación máis recente
Publicación máis antiga
Inicio
Subscribirse a:
Publicar comentarios ( Atom )
Ningún comentario :
Publicar un comentario