luns, 18 de xuño de 2007

Quen lles puxo nome ás flores?



Agora que estamos rodeados de flores, vénnos á cabeza esta pregunta, e a resposta non está soamente nos antigos autores gregos ou latinos, ou nos científicos do renacemento senón máis cerca.
En 1735 Carlos Linneo, un naturalista e médico sueco, escribiu o seu Systema Naturae, obra que clasifica os reinos animal, vexetal e mineral e que continúa en vigor nos nosos días. É unha clasificación das especies coñecidas ata agora, baseándose no concepto de especie como un grupo de individuos semellantes, con antepasados comúns. Consiste en agrupar ás especies polos carácteres sexuais. Por exemplo, o reino vexetal ordénao en clases, segundo o número de estames da flor; estas, en ordes atendéndose ao número de pistilos e as ordes, finalmente, en xéneros e especies.
Unha curiosidade; dende pequeno Carlos Linneo sentíuse atraído pola historia natural, por iso é polo que cambiou o seu apelido, Ingermarsson, polo de Linneo, o nome sueco do tilo.

Ningún comentario :