domingo, 9 de septiembre de 2007

Animais de guerra


Os animais, como involuntarios compañeiros de viaxe do ser humano, gozaron(pouco) das nosas bondades e sufrido(moito) das nosas maldades. Como resulta que guerra e ser humano van invariablemente unidos,o trinomio persoas-animais-guerra era algo inevitable aparecendo na historia "Os animais da guerra".
A evidencia máis antiga de animais en guerra é do 1.100 a.d.C. en Vedic(India) e a triste honra lévanllo os elefantes, aínda que seguramente moito antes desta data xa se faría uso deles. Do mesmo xeito que os cans, a primeira constancia do seu uso vén dos Gregos pero con seguridade, usaríanse moito antes. Os Romanos, como sempre, demostraron ser máis imaxinativos e en varias ocasións, para loitar contra os elefantes, usaron porcos . Os untaban con brea, aceite ou calquera sustancia inflamable, prendíanlles lume e soltábanos contra as liñas inimigas. Ao parecer, aos elefantes arrepíalles o agudo chillido do porco provocando o pánico dos paquidermos e causando estragos entre as súas propias liñas. Os chineses usaron un sistema parecido pero con monos. Revestíanos de palla, lles untaban de aceite e ardendo soltábanos no medio dos campamentos inimigos provocando varios incendios e un gran caos. Segue lendo en Historias con Historia...
Coma sempre,os peores animais somos nos.

No hay comentarios :