sábado, 10 de novembro de 2007

Unha realidade incómoda (e III)

E agora unha para os políticos.

Moitos traballadores teñen que facer unha, dúas, tres ou mais horas para chegar ó seu traballo. Ese tempo multiplicámolo por dous, xa que teñen que volver. ¿Por que, ningún partido propón achegar as zonas residencias ás zonas de traballo ou viceversa? Dacordo que as industrias perigosas e contaminantes han de estar lonxe das poboacións. Pero nestes tempos de comunicacións instantáneas, ¿todas as oficinas de todas as empresas han de estar concentradas no centro das cidades?

En calquera supermercado podemos atopar laranxas de Valencia, fresóns de Almería, kiwis de Nueva Zelanda y uvas chilenas. Podemos atopar calquera froita en calquera época do ano. Este trasfego de froitas ten varios efectos, entre eles que a agricultura local de pequenos agricultores desaparece ó non poder competir coas multinacionais, co conseguinte empobrecemento do rural, e a contaminación xerada por ese transporte frenético é enorme e non para de medrar. ¿Por que non se fomentan as pequenas explotacións agrarias de produtos autóctonos e próximos ós mercados? Aforramos viaxes e fixamos poboación. En resume, xeramos riqueza. Isto que digo para a froita vale para outras mercancías. Hai que fomentar o consumo de productos locais adaptados ó medio, son máis baratos e máis sans.

O transporte en tren é máis rápido e económico. Sen embargo en España só se fomentou o transporte por estrada. As ¿¿infraestructuras ferroviarias?? en Galicia son as mesmas que había hai décadas. Os países máis avanzados teñen unha rede ferroviaria de transporte de persoas e mercancías rápida e moderna.

Apostar de verdade polo transporte público, incrementar rutas e frecuencias. Non pode ser que de Ferrol a Neda, por exemplo, en autobús (menos de 8 km) leve 45 minutos, con frecuencias de media hora.

A enerxía solar pode aportar moita enerxía. O país de Europa que máis e mellor aproveita a enerxía solar, para o noso escarnio, é Alemania. Galicia, tenopolo tanto, moito potencial. Instalación de placas solares nos tellados, construcción de vivendas orientadas para aproveitar a radiación solar, mellorar os aillamentos, etcétera.

A única solución non son os cambios horarios (que aforran menos do 1% nos fogares), nin centrais nucleares novas, nin encher os nosos montes aeroxeneradores. Planificación, control da especulación e sentido común poden aportar solucións que non impliquen nin perda de calidade de vida nin nos fagan dependentes do petróleo e o carbón.

Políticos, aportade solucións e ideas.

Ningún comentario :