![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgSTZk0HTLEhJHroBe50PjAy6ZQ0VIb0j7kAdmDaG3xTZxT7DO7RrgOBcoWqWlR5Igj-xl6iXMKFR33vS3gzxgsoOVsytfTwxin7TfDDd5aPeg7wHdE49DxYccGAh6n7Y62oC7K3WmviEA/s200/simpsons-the-homer-tv-4900921.jpg)
Estaba desexando que chegara este momento... para poñervos verdes!. Porque a verde é a cor preferida deste produto televisivo que vos presento hoxe: os animais abandoados, o consumismo insostible, a contaminación acústica e lumínica, a agricultura ecolóxica, as mareas negras, a seca..., e tamén os problemas do porco ibérico ou as sustancias nocivas que comemos... son exemplos do abano de asuntos que nos achega esta proposta sobre a nosa relación co medio ambiente. "El escarabajo verde" leva dez anos en emisión porque é bó; explica e implica e faino en media hora, nos espazos e cos protagonistas; nada de plató, nada de disertacións científicas...Contan o que hai e punto.
Eu daríalle unha oportunidade...
Canle: TVE. La 2
Emisión: Domingos ás 12:00 horas
Formato/duración: Divulgativo sobre o terreo, en capítulos independentes de 30 minutos.
Por que a escollín?: Porque ten a duración axeitada para achegarnos ao asunto sen cansar, e nolo conta con espontaneidade e naturalidade; resulta un formato moi fresco
Ningún comentario :
Publicar un comentario