 Amigos e amigas, non sei se será idea de bombeiro, pero din en pensar... e por que non facer unha sección sobre boa televisión? Glubs!.
 Amigos e amigas, non sei se será idea de bombeiro, pero din en pensar... e por que non facer unha sección sobre boa televisión? Glubs!.O primeiro de todo, quede claro que os meus gustos son os que son, así que excuse me se non acerto nas miñas recomendacións; eso sí, procurarei sempre escoller producións que misturen entretemento e calidade, así que non ides atopar espesuras infumables, pero tampouco lixo vergoñento.
En segundo lugar, prometo incorporar todos os xéneros e formatos sempre que pague a pena, de emisión nas canles abertas e gratuítas.
E en terceiro lugar, a idea é que poidades achegarvos de xeito periódico e constante, como parte fixa do servizo que vos ofertamos neste blog da Biblioteca (identificaredes estas entradas pola cabeceira invariable).
Comezo xa:
Canle: TVG
Título: Historias de Galicia
Xénero: Divulgativo de Historia
Formato/duración: Serie, relato dramatizado , 30 minutos aprox.
Emisión: Domingos ás 9:30 PM
Por que a recomendo?: É moi áxil, ensina cun formato actual e sen meterse en profundidades, duración axeitada, non se fai pesada. 
 
 
Ningún comentario :
Publicar un comentario