
Cando un escribe Neda en Google aparecen 6 millóns de resultados. Nos primeiros lugares enlaces insticionais do Concello, da Deputación, e un blog moi interesante dun veciño, adolfoneda. No medio hai algúns acrónimos nacionais e extranxeiros.
Nas páxina do Concello hai moita información e moi útil para os veciños sobre novas locais, organismos e novas municipais e por suposto un apartado adicado a promocionar o turismo. É unha páxina moi recomendable, non só para os veciños, senón para todos aqueles que queren saber o que ocorre en Neda.
A páxina da Deputación está dirixida fundamentalmente ós potenciais vistantes.
Por último, adolfoneda é un blog dun médico e concelleiro de Neda moi interesante.
Seguiremos buscando Neda.
Ningún comentario :
Publicar un comentario